GMH/ÍNDICE A-Z

204

abril, 20

O cóengo Álvaro de Aguiar, vigairo do chantrádego da Catedral, fai colación do beneficio de San Salvador de Penosiños ao clérigo Lopo Fernández, en virtude da presentación que este ten do abade do mosteiro de Celanova. (fols. 65v-66)

Lopo Fernandes clerigo de Matosiños.

En este dito día ennao çidade d’Ourense lugar donde disen ho Outeiro, enna orta que está a par do rio da Barbana, Lopo Fernandes clerigo presentou Alvaro d’Agyar coengo que presente estava et vigario do chantadego da igleia d’Ourense, huna apresentaçon firmada do nome de don Joan (fol. 65v)
Fernandes, abade do mosteiro de Çelanova do prior et convento do dito lugar, en que presentaron ao benefiçio de San Salvador de Penosinos et pedío ao dito vigario que lle fesese colaçon dela e o dito vigario prese por vertude da dita apresentaçon feso collaçon canonica ynstituiçon por seu barrete ao dito Lopo Fernandes e mandou que lle recudisen etç. Tests. Alvaro Afonso da Fonteyña, Meen Suares, Afonso de Bouças et outros.