GMH/ÍNDICE A-Z

541
1349, outubro, 12. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlle a Xoán Pérez e a dúas voces unha casa na rúa Nova por renda anual de 20 soldos.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 56v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos Diego Ferrnandes, dayam de Lugo, et o cabidoo desse lugar, afforamos et avervamos a vos Iohan Peres d’Ovedo, morador en Lugo, para en toda vossa vida et de outras duas pessoas pus vos, a huna delas qual vos nomeardes en vossa vida ou a tempo de vosso finamento, et a outra qual nomear esta pessoa que vos nomeardes, huna cassa que Affonso Rodrigues, mercador que fuy da rua Minaa, mandou a os nosos aniversarios, a qual casa he en rua Nova et esta dun cabo outra cassa que foy do dito Affonso Rodrigues, a qual el mandou a Maria Tortosa, et do outro cabo he o poço de rua Nova, sub a capella de San Pedro; a qual casa vos afforamos con todas suas dereyturas et pertenenças et entradas et saydas, a a tal condiçon que vos que façades y de novo hun sobrado de trava sobre-la rua, et vos et as ditas pessoas que a reffaçades et aguisedes do reparamento et adubeyro que ouver mester; et que dedes dela, cada anno, en salvo a a quen de nos tever os ditos aniversarios, viinte soldos, a quatro dineiros novos por cada tres soldos; et a finamento da pustrimeyra pessoa, das ditas duas pessoas que na dita cassa foren nomeadas, que a dita cassa fique livre et quita et desenbargada a os ditos aniversarios de vos et de toda vosa vos con todos los boos paramentos que y foren feitos.

Et eu, o dito Iohan Peres, por min et en nome das ditas duas pessoas, assy reçebo o vervo da dita casa de vos, o dito dayan et cabidoo, enna maneyra que sobredita he, et obrigo a min et a todos meus beens para faser o dito sobrado na dita casa et para pagar, cada anno, a quen tever os ditos aniversarios, os ditos viinte soldos da dita moneda en salvo.

Et nos, dayam et cabidoo, asy vos lo outorgamos segundo dito he. Et para que esto seia certo nos, las ditas partes, rogamos a Iacome Guillelmes, notario publico del rey en Lugo, que fesese desto duas cartas en hun tenor, huna dellas seellada con noso seello pendente et a outra que a deytase no livro do cabidoo.

Que foron feytas en Lugo XII dias de ouctubre, era de mill et CCC LXXX VII annos.

Testemoyas: don Fernando Peres, chantre; don Garçia Dias, arçidiago de Sarrea; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Vaasco Dias, juys; don Lopo Gonçalves, thesoreyro; Iohan Ferrnandes, Iohan Dias, coengos, ts.

Eu Jacome Guillelmes, notario sobredito, a esto presente fuy et esta carta scripvi et puge y meu signal.