GMH/ÍNDICE A-Z

145

1420, xuño, 7.
O Concello acorda que por canto Oliver Morin, bretón, bulseiro e a súa muller había pouco tempo que viñeran morar na cidade, e porque os extranjeiros que se vinan ou quisesen vinir morar a dita Çidade avian de aver boa conpannia e gasallado e non seren agraviados, non pagasen a renda na que agora foran repartidos na colación de San Xoán.

(Fol. 77 vº)
Sete dias do mes de juyo, seendo o conçello, alcalle, regidores, jurados e omes bõos da çidade de Santiago, juntados en consitorio enno sobrado da notaria de Ruy Martines, notario da dita çidade segundo que han de costume, presentes ende Juan Fernandes Abril, alcalle, e Martin Serpe e Fernan Gonçales do Preguntoiro, Afonso Fernandes Abril, Martin Galos e Juan Ares da Cana, regidores jurados e omes bõos da dita çidade e en presença de min Fernan Yanes, notario etc. escusador etc. e dos testemoyas adeante escriptos; enton o dito conçello, alcalle e regidores diseron que por quanto Ouliver Morin, breton, bulseiro e sua moller se vieran morar a esta çidade pouquo tenpo avia e os postores da renda enna colaçon de San Juan Bautista onde se eles vieran morar e repartiran e poseran enna dita renda e porque os estranjeiros que se viinan ou quisesen viinr (sic) morar aa dita çidade avian de aver boa conpañia e gasallado e non seeren agraviados, que mandavan e mandaron que o dito Ouliver Morin e sua moller nen algũo deles non pagasen a renda en que agora foran e eran postos nen eso mesmo non pagasen as fallas nen refallas e esto en quanto tangia a esta renda que agora fora e era posta enna dita çidade e que se tornase en fallas a a dita colaçon de San Juan e moradores dela e se oposesen en fallas ou refallas que eso mesmo se tornase en fallas a a dita colaçon. E desto o dito Ouliver Mourin por si e por la dita sua moller pedio testemoyo. Testemoyas que foron presentes,  Pero Yanes Abraldes e Fernan Ares Xarpa e Nuno Vinagre e Juan Raposo e Bernald Yanes do Camiño, cabeadores vesiños da dita çidade.