GMH/ÍNDICE A-Z

164

1420, decembro, 26 (di 1421).  
O Concello indica ós procuradores que manden pecha-las portas da cidade, e que unha vez pechadas que ninguén se atrevese a abrilas sen permiso do Concello.

Quarta feira (dia do Natal) viinte e cinquo dias do mes de dezenbre, anno domini MºCCCCº vicesymo primo, era sobredita. Viinte e seiss dias do mes de desenbre, seendo en consistorio Vasco Peres Abril, alcalde enna dita çidade, Martin Galos, Afonso Fernandes, Martin Serpe e Gomes Rodriges, jurados e regidores enna dita çidade e presentes ende Juan Raposo e Nuno Vinagre, procuradores do conçello da dita çidade e en presença de min Fernan Eanes notario etc... e escusador etc... e dos testigos (sic) infrascriptos, enton os ditos alcalde, jurados e regidores, diseron que mandavan e mandaron aos ditos procuradores que fesesen çarrar as portas da dita çidade, aquelas que ja avyan mandado çarrar e elas çarradas que mandavan e requerian ao dito alcalde que mandase pregoar por las praças da dita çidade e mercados dela que nenhũu non fose ousado de abrir as ditas portas sen mandado do dito conçello so penna de caer por elo en mal caso e o que custase çarrar as ditas portas que fose reçebido en conta aos ditos procuradores. Testigos que a esto foron presentes Juan Costas, Juan Serpe e Juan de Guisande ome de Gomes Rodriges, bachiller.