GMH/ÍNDICE A-Z

29

1417, marzo, 1.
Elección de membros da comunidade para que estivesen presentes ó repartimento de maravedís.
Elección de membros da comunidade para que estivesen presentes ó repartimento de maravedís.
O Concello ordena que se den 600 maravedís a Martín García, porteiro do arcebispo, por quanto o achavan diligente ennas cousas que conprian ao dito Conçello e aos vezinos da dita Çitade.

O primeiro dia do mes de março. Sabean todos que seendo o conçello, justiças et regidores jurados et homes bõos da çidade de Santiago juntados enno sobrado da notaria de min Rui Martines, notario da dita çidade por crida de anafil segundo han de usso et de costume, presentes ende Pero Yanes Abraldes, justiça enna dita çidade et Martin Serpe, Fernan Golçalves do Preguntoiro, Juan Aras da Cana, Afonso Fernandes Abril, Alvaro Afonso Juliate, Maartin Galos, homes bõos jurados da dita çidade et presentes outrosi Vaasco Fernandes Troquo et Vaasco Gomes de Marçoa et Juan Aras do Vilaar et Golçalvo de Covas et Juan Raposo, canbeador et Fernan de San Lourenço, os quaes o dito conçello, justiças et jurados eligieron este dito anno para que por parte da comonidade estovesen presentes ao repartimentos de quaesquer maravedis que enna dita çidade se ouvesen de dar et coller et derramar et en presença de min o dito Ruy Martines, notario et das testemoyas adeante escriptas paraesçeu ende Juan Fernandes de Canas, coengo de Santiago et recabdador de noso señor o arçobispo de Santiago don Lopo de Mendoça et presentou et fezo leer por min o dito notario hũa carta de noso señor o arçobispo don Lope de Mendoça, escripta en papel et firmada de seu nome, da qual o thenor he este qu se sigue: “Conçejo et alcalles et jurados et homes bõos de la nuestra çibdad de Santiago, nos el arçobispo de Santiago vos enbiamos mucho saludar. Fazemos vos saber que por los menesteres que nos han recresçido et recresçen de cada dia et en espeçial agoa de presente en la partida que avemos de partir para la corte de nuesto señor el rey, segun creemos que sabedes que nos fue neçesario de nos servir de vosostros et de los otros conçejos de las otras nuestras villas et logares et tierras del nuestro arçobispado de çierta quantia de maravedis de los quales mandamos fazer repartimento, en el qual repartimento vos copo a pagar veynte mill maravedis de moeda vieja contando blanca en tres dineiros. Por que vos rogamos et mandamos que si serviçio et plazer nos avedes de fazer considerando los dichos nuestros menesteres et neçesidades que luego vista esta nuestra carta repartadaes entre vos los dichos maravedis et los dedes cogidos et recabdados a Juan Fernandes de Canna nuestro recabdador que los ha de aver et de recabdar por nos et tomad su carta de pago et con ella et con esta nuestra carta mandamos que vos sean reçibidos en cuenta. Escripta en la dicha nuestra cibdat de Santiago, veynte dias del mes de enero, anno del Nasçemiento del Nuestro Señor Jhesu Christo de mill et quatroçientos et diez et siete annos. Lupus, archiepiscopus compostellanus.
A qual carta presentada et liuda //
(Fol. 15)
por min o dito Johan Fernandes frontou et requireu a o dito conçello, justiças, jurados et homes bõos sobreditos que conprisen a dita carta do dito señor arçobispo en todo et por todo segundo que se en la contiinan et en conprindoa que fisesen logo repartir os ditos maravedis et lles desen collidos et recabdados segundo que o dito señor arçobispo lles mandava por la dita sua carta et logo o dito conçello, justiças et jurados et omes bõos sobreditos diseron que ellos avian ja mandado repartir et derramar enna dita çidade hũa renda de triinta mill maravedis, contando blanca a tres dineiros para pagar os ditos viinte mill maravedis et esto meesmo para outras devedas que devian et que os mandaran ja coller et recabdar et por ende que mandavan et mandaron a Bernald Yanes do Camiño et a Gil Peres suos procuradores que presentes estavan que dos ditos maravedis que asi avian de recabdar dese et pagase a o dito Juan Fernandes en nome do dito señor arçobispo os ditos viinte mill maravedis da sobredita moeda con que servian este dito annoa o dito señor arçobispo et que quando fesesen a dar paga que lles mandavan que reçebesen en si a dita carta de repartimento original do dito señor arçobispo et tomasen carta de pago do dito Juan Fernandes de como lle fasian paga dos ditos maravedis et con elas et con este mandado lles seerian reçebidos en conta et en pago os ditos viinte mill maravedis. Testemoyas que a esto foron presentes Vaasco Peres Abril et Juan da Cova et Juan de Viveiro et Juan Ares do Vilar vesiños da dita çidade.
Predito. O dito conçello, justiças et jurados et homes bõos sobreditos, mandaron aos ditos Vaasco Yanes et Gil Peres, procuradores que de quaesquer maravedis que por lo dito conçello avian de recabdar este dito anno que desen ende a Martin Garçia, porteiro de noso señor o arçobispo seseenta maravedis de moeda vella contando branqua a III dineiros que era sua voontade de lle mandar dar este dito anno para quanto o achavan diligente ennas cousas que conprian a o dito conçello et aos vesiños da dita çidade et que mandavan que lles fose resçebido en conta os ditos LX maravedis. Testemoyas os sobreditos.