GMH/ÍNDICE A-Z

146

1420, xuño, 8.
 O Concello ordena ós procuradores falen co arcebispo sobre a carta deste referente a empréstitos e acostamientos dos veciños da cidade e vasalos do prelado.

VIII dias de juyo seendo o conçejo, alcalde, regidores e omes bõos da çidade de Santiago juntados por crida de anafil enno sobrado da notaria de Rui Martines, notario, presentes Joan Fernandes Abril, alcallde e Martin Serpe Fernand Gonçales do Preguntoiro, Gomes Rodriges, Alonso Fernandes, Juan Ares, Alvaro Alonso, jurados e en presença de min Fernand Yanes, notario etc e scusador etc. e dos testemoyas etc. Enton os sobreditos rogaron e mandaron aos ditos Martin Serpe e Gomes Rodriges que da parte do dito conçello fosen aa merçed do señor arçobispo don Lopo sobre razon de hũa carta que a sua señoria mandara dar que os moradores na dita çidade e seus vasalos non vinesen con outro salvo con el nen tevesen prestemo nen acostamento de outro señor algũo e que lles mandavan e mandaron da carta de crença sobre la dita razon e que os procuradores lles desen para a custa que fesese aquelo que mandase o dito Gomes Rodriges. Testemoyas: Fernand Ares Xarpa, Pero Yanes Abraldes, Vasco Troquo e Juan Bugeirete vesiños da dita cidade.