GMH/ÍNDICE A-Z

178
1319, marzo, 10. Lugo
O Cabido afóralle a Pedro Bernáldez o lugar de Ventosela.
MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 56v; Libros, lib. 6289 con referencia ao Lib. D, fol. 56.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, Martyn Eanes [dayam], damos et outorgamos a vos Pedro Bernaldez, morador en Ribadavea, o nosso lugar e Ventosela con [...] nos agora tragemos a iur et a mao a a morte do Maestre Estevoo, nosso coygo que fuy, et en tempo de [...] hun estrumento que avemos con vosco partido por a.b.c., feyto por Pedro Martines, notario publico jurado del rey n Ribadavea, [...] avemos por firme aquellas cousas que se conteen no dito estrumento salvo tanto se pel-la ventura y ha algunas cousas [...] terminos que se conteen no privilegio que nos non tragamos a iur et a mao que nos que vol-los aiudemos a demandar a dereyto se os vos quisserdes demandar, et por esta rason que nos non seia enbargada reteuda nosa renda. Et que isto seia çerto et non venna en dulta rogamos a Affonso Perez, notario publico de Lugo, que fezesse ende [...] carta et posesse en ela seu sinal en testemoyo de verdade.

Feyto foy esto no coro de Lugo, X dias andados de março, era de mil et CCC LVII annos.

Presentes foron: o dayam sobredito, don Fernan Eanes, archidiacono de Neyra; don Maestre Affonso, archidiacono de Deçon; don Iohan Beserra, juys; don Johan Eanes, thesoreyro de Lugo; Aras Perez et don Pedro Diaz, Nuno Martinez, Pedro Savaschaes, coygos de Lugo, et outros muytos.

Et eu Affonso Perez, notario sobredito, rogado presente fuy [...] et escrivy esta carta et puge y meu sinal.