GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

205
1324, abril, 18. Lugo
O mestrescola lucense arréndalle ao chantre os casais de Bade e Forcados, en Sardiñeira, por 30 marabedís anuais.
MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 62r.

Era de mill et CCC LXª et dous annos, XVIII dias d’abril. Seendo o dayan, don Fernan Arias, et o cabidoo de Lugo que enton eran presentes, seendo iuntados eno thesouro da dita iglesia de Lugo ut he acustumado desse iuntaren a cabidoo, don Rodrigo Alvares, meestrescolla de Lugo, rendeyro dos anniversarios da dita iglesia, con outorgamento do dito cabidoo, arrendou a don Fernan de Deus, chantres de Lugo, por en todol-los dias deste chantres, dous casares que som dos aniversarios, a hun delles chamado Bade et outro Forcados, que son en Sardineyra por triinta moravedis d’oyto soldos o moravedi desta moneda del rey don Fernando cada en salvo en Lugo por Natal. Et o dito chantres deu fiador que os pagasse commo dito he: Fernan Alvares, coengo da dita iglesia, el presente et outorgante. Testemoyas: Francisco Guilelmes, sanchristan, Pedro Miguelles, Jacome Eanes, Pedro Ferrnandes, clerigos do dito coro.

Et eu Garçia Affonso, notario publico de Lugo, a esto presente foy et esta carta scrivi et puge y meu sinal.(+).