GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

317
1334, maio, 17
Sancha Miguez véndelle ao racioneiro Xácome Eanes o que lle corresponde na igrexa de San Vicente de Pedreda por 50 soldos.
MADRID, AHN, Carp. 1332 D/22, perg. orix., galego, gótica cursiva, 189x385 mm.

Sabeam quantos esta carta virem commo eu Sancha Migueles, filla de Migeel Ferrnandes de Pedreda, de bon curaçon et de boa voontade vendo a vos Iacome Eanes, raçoeyro de Lugo, hun quartal de çeveyra cada anno pe-llo pe do altar da iglesia de San Viçenço de Pedreda, con todo o iur do padroadigo et renda et iantar que eu aio enna dita eglesia et con todas suas dereyturas et pertenenças. Et reçebo de vos en preso por esta vençon çinquaenta soldos d’esta moneda del rey don Affonso de que me outorgo por entrega et ben pagada, et obligo min et todos meus bees de vos faser esta vençon de pas. Et renunçio et prometo en boa fe que nunca contra esta vençon venna en maneira que seia, et para esto comprir et guardar faço iuramento a os santos avangeos, corporalmente taniudos con minas maos. Et desoie mays este dia avedea senpre en pas vos et toda vossa vos pus vos, todo meu poderio et senorio ende seia sacado et removudo de min et posto en vos.

Feyta a carta XVIIe dias de mayo, era de mill et CCC LXX et dous annos.

Testemoyas: Fernan Affonso d’Outeiro; Iohan Domingues de Castro de Santo Andre; Affonso Savaschaes, clerigo ts., et outros moytos ts. Et eu Ruy Ferrnandes, notario publico de Lugo, a esto como dito he presente foy et esta carta escrivi, et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade, et vi commo a dita Sancha Migueles feço o dito iuramento. (+).