GMH/ÍNDICE A-Z

409
1340, xullo, 29. Lugo
Sentenza do bispo de Lugo no preito mantido polo Cabido con Rui e Xil Fernández sobre a igrexa de San Cristovo de Novelúa.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 32v. Traslado ao Libro do Cabido polo notario Rui Fernández: 1340-8-12.

In Dei nomine amen. Sabeam quantos esta carta viren commo nos don Johan, por la gracia de Deus et da Santa iglesia de Roma obispo de Lugo, apareçeron da huna parte don Fernan Aras, dayam de Lugo, et da outra parte Ruy Fernandes et Gil Fernandes Nugeyroes, en raçon de contenda que era entre estes sobreditos sobre la iglesia de San Christovoo de Novelua, que he eno dayadigo, diçendo o dito dayam que a dita iglesia de Novellua que perteesçia a o dito dayadego et que era aneyxa a el. Et os ditos Ruy Fernandes et Gil Fernandes diçendo que a dita iglesia que era d’outros herdeyros porque elles diçian que a husavan et a devian a teer. Et estas partes de seu praçer et por amor de pas et de concordia et por quitamento de juyço poseron a preyto desta contenda en nosas maos et en noso poder que conoscesemos del syne strepitu et figura iudicii, sabendo verdade chaamente onde a mellor podesemos saber se a dita iglesia de Novellua era da iglesia de Lugo et aneyxa a o dito dayadego, ou se era d’aqueles herdeyros porque os ditos Ruy Fernandes et Gil Fernandes diçian que a usavan et que a devian a teer, et pe-lla verdade que soubesemos et achasemos sobr’esta raçon que nos, asy commo omme boo arbidro ou juys ordinario, julgasemos a dita yglesia por sentença a qualquer das ditas partes que achasemos que a avia d’aver de dereito, et as ditas partes prometeron d’estar a a sentença que nos y desemos et de a gardar en todo, et de non viir contra ela en nehun tenpo por sy nen por outren en juyço nen fora del, et qual das partes atentase de viir contra ella prometeu de pagar a a outra parte por nome de pena et de interee mill moravedis da boa moneda, et a pena pagada ou non pagada a sentença que nos desemos ficase firme et valiosa en todo. Et nos reçebemos este pleito en nos et mandamos dar nosa carta a as ditas partes por que chamasen as testemoyas que quisesem dar sobr’esta raçon a çerto termino. Et otrosy feçemos çitar a termino çerto todos aqueles que se diçian herdeyros da dita iglesia, ou que y avian dereito, que o veesen mostrar et defender ante nos; a os quaes terminos as ditas partes pareçeron ante nos et deron en prova cartas et testemoyas quantas et quaes quiseron ata que diseron que non querian dar mays; et pidiron a nos que vysemos et exsaminasemos o que elles avian dado et mostrado ante nos et livrasemos entre elles o que achasemos por dereito. Et nos asinamos termyno parentorio a as ditas partes a que paresçesen ante nos a oyr sentença enno dito pleito. A o ual termino aparesçeron as ditas partes ante nos, et por quanto nos foramos enbargado d’outros negoçios et non poderamos livrar o dito pleyto, asignamos-les outro termino parentorio a que veesen ante nos oyr sentença. A o qual termino pareçeu ante nos o dito dayam et outra parte non pareçeu, nen procurador por ella, et o dito dayam acusou a contumaçia da parte aversa et pidionos que a pronunciasemos por contumaç, et a condinasemos nas custas dereitas, et non enbargando a sua contumaçia que husasemos enno dito pleyto aquelo que achasemos por dereito. Onde nos vysto et exsaminado o dito preyto et a prova que cada huna das partes ante nos fez, avudo sobre todo acordo en nos et en conselo con ommes boos et letrados, porque achamos que o dito dayam provou ben sua entençon asi por privilegio commo por cartas et estormentos commo por testemoyas, conven a saber que a dita iglesia de Sant Christovoo de Novelua he livremente quita da iglesia de Lugo et he aneyxa a o dito dayadigo. O dito dayam, presente, et os ditos Ruy Fernandes et os outros que se diçian herdeyros da dita iglesia, absentes por contumaçia, seendo en lugar de julgar, en scripto por sentençia julgamos a dita iglesia de Sant Christovoo de Novelua a a iglesia de Lugo et por aneyxa a o dito dayadego, et poemos perpetuu silençio a os ditos Ruy Fernandes et a os otros que se diçian herdeyros della en raçon da dita demanda, condanandoos nas custas dereytas et reservamos en nos a tayxaçon dellas, em testemoyo da qual cousa mandamos faser esta carta de sentença seelada de noso sello pendente.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo dado por auctoridade do bispo desse miismo lugar, vi et ley a carta sobredita escripta en pulgameo enno tenor sobredito et seellada con seello do sobredito sennor obispo et firmada de seu nome, segundo por ella pareçia et a rogo de don Fernan Aras, dayam sobredito, et por mandado et auctoridade de don Pedro Iacome, iuyz de Lugo, vervo por vervo a dita carta en mina presença fiz trasladar et en este traslado puge meu signal en testemoyo de verdade.

Que foy feito en Lugo XII dias d’agosto era sobredita.

Testemoyas: Affonso Eanes, coengo de Lugo; Lopo Domingues et Fernan Eanes, clerigos.