GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

482
1346, febreiro, 2. Lugo
O cóengo don Xoán Gutiérrez solicita do Cabido unha nova carta de foro do casal de Beanna, en Eirexalba, alegando a perda do documento primitivo.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 50r.

Era de mill et treçentos et oyteenta et quatro annos, dous dias de fevreyro.

Estando eno coro da iglesia cathedral de Lugo os omes boos do cabidoo dessa iglesia et Iohan Gutierres, coengo dese lugar, et vigario de Iohan Gomes, coengo de Lugo et teente a amiistraçon do mes de março na Somoça de Lemos, no Inço et no Mao, Martin Peres, morador en Iglesia Alva disso, a o cabidoo et Iohan Gutierres sobreditos, que el tynna deles avervado o cassal, que chaman de Beanna, que he ena fiigligia de Iglesia Alva, et que perdera a carta por que o avervara, et pidiolles que tevessen por ben delle dar outra tal carta que iazia eno seu livro. Et os omes boos do dito cabidoo mandaron catar ante sy o seu livro en que estan os foros et vervos que façen, enno qual livro iazia scripta huna carta da qual o tenor he tal:

A continuación insire o documento expedido en Lugo: 1337-I-12, (CD 350).

Feito foy esto en Lugo dous dias de fevreyro, era de mill et CCC LXXX IIIIº annos.

Os que foron presentes et son testemoyas: don Fernado de Deus, chantres; don Alvar Dias, arçidiago de Neyra; don Aras Pelaes, arçidiago de Deçon; Vaasco Rodrigues, Fernando Affonso, Johan Dias, coengos; Lopo Domingues, rasoeyro; Fernando Peres, Arias [...], clerigos do coro.

Et eu Fernando Garçia, notario publico sobredito, a esto pressente fuy et esta carta scripvi en este livro do dito cabidoo por rogo das partes, et puge y meu sinal.