GMH/ÍNDICE A-Z

722
1372, agosto, 9. Lugo
O Cabido, ante a renuncia de María López, afóralle a Arias Fernández e a unha voz as herdades que posúe en San Martiño de Río, San Vicente de Toldaos e Vilapedre, por renda anual de 15 marabedís.
MADRID, AHN, Cód. 420 B, fol. 12v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, o dayan, et cabidoo da iglesia de Lugo seendo iuntados en cabidoo por campaa taniuda, segundo que o avemos de uso et de custume, por rason que Maria Lopes, filla de Lopo Garçia de San Martino de Rio, foreyro que era desta nosa iglesia ennos lugares et herdamentos et casas que a dita iglesia ha sub signo de San Martino de Rio et de San Viçenço de Toldaos et en Villapedre, veo ante nos et disso que non podia manteer o dito foro et os herdamentos del en boo paramento, segundo que era obligada, por la qual rason nos pidio que lle reçebesemos o dito foro ca ella renunçiava en nosas maos todo o dereyto que en el avia, non fasendo a dita Maria Lopes mençon en commo por lo dito seu foro avia de nomear por pessoa necessaria del hun dos fillos de Pedro Ferrnandes de San Martino do Rio et de sua muller, Eynes Ferrnandes, et en commo o dito Pedro Ferrnandes por rason da segunda et terçeyra pessoa qua avian neçesariamente a seer nomeadas dos seus fillos hun pus outro deran, a a dita iglesia por rason do dito foro, huna teega et medea semente de herdade sub o dito signo de San Martino do Rio. A qual dita renunçiaçon do dito foro nos reçebemos et commo despoys nos mostrasen os ditos Pedro Ferrnandes et Arias Ferrnandes, seu fillo, a carta do dito foro, que fora feyto a a dita Maria Lopes, con condiçon das ditas persoas enna qual eran contiudas as cousas sobreditas, et nos pidisen et frontasen et requerisen que lles guardasemos seu dereyto, que enna dita carta era contiudo, conven a saber poys, que o dito foro era renunçiado, que lles possesemos o dito foro en hun dos ditos seus fillos deste dito Pedro Ferrnandes, poys que el dera e iuntara a dita teega et media de herdade a a outra do dito foro, et ha del reçebera o cabidoo da dita iglesia por las ditas condiçoes, et a dita Maria Lopes en seu periudiçio o renunçiava maliçiosamente. Nos por todas estas rasoes et entendendo que non deviamos faser iniuria a os ditos fillos do dito Pedro Ferrnandes non lles devia enpeecer a malicia da dita Maria Lopes, que asi caladamente renunciara o dito foro, tomamos et reçebemos por foreyto et perssoa enno dito foro, que foy feyto a a dita Maria Lopes, a o dito Arias Ferrnades, fillo do dito Pedro Ferrnandes et de Eynes Ferrnandes, et a huna pessoa que seia hirmao do dito Arias Ferrnandes, fillo dos ditos Pedro Ferrnandes et Eynes Ferrnandes, segundo as condiçoes que se enno dito foro conteen, que fuy feyto a a dita Maria Lopes, et que este dito Arias Ferrnandes, fillo dos ditos Pedro Ferrnandes et Eynes Ferrnandes, et a dita pessoa lavren et paren ben os ditos herdamentos do dito foro et mantennan as casas deles en boo estado, et que den de cada ano a os aniversarios da iglesia de Lugo, ou a seu procurador, quinse moravedis, d’oyto soldos o moravedi, da moneda del rey don Afonso, en pas et en salvo enna villa de Lugo por dia de Natal, ou a contia deles, segundo que se pagaren os outros foros et rendas da dita iglesia de Lugo. Et por esta nosa carta et contracto renunçiamos et damos por nihun o foro se o dos ditos herdamentos et casas fesemos a Eynes Lopes, filla de Lopo Alvares d’Armesto et de Moor Garçia, ou a outro qualquer, por rason que foy feyto calada a verdade et contra dereyto.

Et eu, o dito Arias Ferrnandes, que estou presente por min et por la dita pesoa, assy reçebo o dito foro de vos, lo dito dayan, et cabidoo et obligo todos meus bees et da dita pesoa a comprirlo en todo et de non viir contra ello en ninhuna maneyra. Et porque esto seia çerto nos las ditas partes rogamos et mandamos a Fernan Peres, notario publico de Lugo, que fesese desto duas cartas en hun tenor, a huna delas para o dito Arias Ferrnandes signada con seu signal et seellada con noso seello pendente, et a outra enno livro de nos, lo dito cabidoo, signada con seu signal.

Feyto foy esto en Lugo, nove dias d’agosto, era de mill et quatroçentos et des annos.

Testemoyas: don Ruy Ferrnandes, dayan de Lugo; don Gonçalvo Eanes, chantre dese lugar; don Rodrigo Affonso, arçidiago de Deça; don Alvar Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Alvar Dias, iuys; don Diego Gomes, thesoreyro; et Afonso Ferrnandes, et Alvar Ferrnandes, et Iohan Garçia, raçoeyros da dita iglesia; et Lopo Peres, porteyro do dito cabidoo, ts., et outros.

Et eu Fernando Peres, sobredito notario publico de Lugo dado por la autoridade do sennor obispo dese lugar, a esto que sobredito he pressente foy et a rogo et mandado das ditas partes o dito foro escrivi en este livro do cabidoo et puge en el meu signal en testemoyo de verdade.