GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

880
1389, maio, 12. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Xoán de Bosende e á súa muller e a unha voz media casa na Porta de San Pedro por renda anual de 45 soldos.
MADRID, AHN, Cód. 420 B, fol. 21v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos as persoas et coengos et omes boos do cabidoo da iglesia de Santa Maria de Lugo estando juntados en capitolo enno coro da dita iglesia por canpaa tanjuda, segundo que avemos de uso et custume, con outorgamento de Fernan Peres, coengo de Lugo, et vigario geeral de don Johan Afonso, dayam de Lugo, et de don Rodrigo Affonso, arçidiago de Deça et rendeyro dos aniversarios da dita iglesia de Lugo, afforamos a vos Johan de Boosende, ferreyro, morador em Lugo a a Porta de San Pedro, et a vosa muller, Maria Peres, et a huna persoa qual nomear o postrimeyro de vos, a meatade da casa, que he dos ditos nosos aniversarios, que esta ena dita çiudade de Lugo a a Porta de San Pedro enna qual vos os ditos Johan de Boosende et Maria Peres, vosa muller, avedes a outra metade por compra que della fesestes a Fernando do Rio; a qual casa de que vos aforamos a dita meatade della esta entre huna casa de Jacome Açia, carniçeyro, et d’outra de Estevoo Peres, ferreyro. Et vos et a dita vosa muller et pesoa avedes a agisar a dita meatade da dita casa do que ouver mester et manteerlla cuberta et en boo estado et paramento; et avedes a dar cada anno por foro della vos et a dita vosa muller et persoa quareenta et çinquo soldos a o rendeyro dos ditos nosos aniversarios en pas et en salvo, segundo pagan os outros foros das casas dos ditos aniversarios, et o tempo acabado de vos et da dita vosa muller et persoa avedes a leyxar a dita meatade da dita casa cuberta et feyta a os ditos aniversaios et cabidoo con todos los boos paramentos que en ela foren feytos livre et quita et desenbargada. Et eu o dito Johan de Boosende, ferreyro, que estou presente por min et por la dita mina muller et persoa asy reçebo de vos, o dito cabidoo, a dita meatade da dita casa enno dito foro, et obligo min et meus bees et da dita mina muller et persoa para comprir a vos, o dito cabidoo, todo o que se en esta carta conten. Et nos, o dito cabidoo, asy vos outorgamos a dita meatade da dita casa enno dito foro commo sobredito he. Et porque esto seia çerto nos las ditas partes rogamos a Johan Lopes, notario publico de Lugo, que fesese desto duas cartas en hun tenor huna para o dito cabidoo et outra para o dito Johan de Boosende sellada con seello do dito cabidoo.

Feyto foy esto en Lugo, dose dias de mayo, anno do naçemento de noso Salvador Ihesu Christo de mill et tresentos et oytenta et nove annos. Testigos que foron presentes: don Gonçalvo Yanes, chantres; o dito don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça; Arias Peres, arçidiago de Deçon; don Gonçalvo Osores, arçidiago de Triacastella; don Diego Gomes, thesoreyro; Afonso Ferrnandes, et Diego Alvares, et Arias Ferrnandes, et Fernando Peres, et Afonso Rodrigues, coengos; Afonso Eanes et Alvar Rodrigues, raçoeyros, ts., et outros.