GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

110
1315, setembro, 25
venda

Varios veciños de Pazó aproban a venda do seu quiñón de herdade feita por Pedro Fernández de Piñeira a Fernando Méndez de Ambía.



ACOu, Escrituras XXI, 79

Era de mill e trezentos e çinqoenta e tres annos, vinte e çinqo dias de setenbro. Sabian quantos esta carta viren commo nos Domingo Peres, Pero Peres e Maria Peres e Estevan Peres fillos de Pero Dominguez moradores en Paaçoo, outorgamos e avemos por firme e por estavil para todo tenpo por nos e por todos nossos beens a venda do noso quiñon de herdamento que vos Pero Fernandes de Pineyra fezestes a Fernan Meendes d’Anbia, o qual herdamento jas ena fiigresia de San Iohane de Pineyra e prometemos e outorgamos de non yr contra esta venda deste herdamento sobredito por nos nen por outre en ninun tenpo en juyzo nen fora de juyzo e se o fezermos que nos non valla, o qual herdamento a nos ficou de Pero Dominguez nosso padre. Presentes Johan Rodrigues prellado da igleia de Coedo, Johan Peres Liouffaa, Pero Martinez çapateyro, Domingo Cao d’Allaris, Pero Meendes de Torneyros, Pero Yanes de Coedo.

Eu Silvestre Peres escrivan jurado en lugar de Miguell Peres notario del rey en Limia e notario do inffante don Filipe en en Allaris que a escrivi e meu sinal y fis que tal este.

(sinal)