GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

254
1341, decembro, 2
foro

O cabido afóralle a Xoán Martínez, clérigo de coro e reitor da igrexa de San Mamede de Grou, unha viña en Forcadura, por quinta.

ACOu, Escrituras XVI, 48

Sabeam quantos esta carta virem que nos dom Pero Suares dean d’Ourense e o cabidoo desse lugar seendo juntados por canpaa tanjuda enna costra nova de Sam Martino hu he de custume de nos juntaremos a faser cabidoo, con outorgamento de Lourenço Anes Periquino teente a renda do mes de mayo que he presente e outorgante, damos a foro a vos Johan Martines clerigo do coro e reitor da igleia de Samamede de Grou e a toda vossa voz para senpre huna leira de vina que está tras o castello no lugar que disen a Forcadura, a qual vina jas ontre a vina da capella que foy de Pero Mogoo sancristhan da huna parte e da outra parte con o camyno que vay para Pinol e para Graadeyra, e en fondo fere na vina d’Aldonça Afonsso e em çima topa na vina de Martin Gonçalves juys. Damos vos a foro a dita leyra de vina con entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteeças asy que vos e toda vossa voz a tenades e pessuyades e a lavredes e paredes ben en tal maneira que non defalesca por mingoa de lavor nen por mao paramento e dedes dela de foro a nos o dito cabidoo ou ao que tever a dita renda do mes de mayo en salvo enna vina em toda vossa vida a quinta do froyto que deus y der. Et depois de vossa morte todalas vozes que depois de vos foren daren a quarta parte de todo o dito froito que deus y der, a conposta e as huvas enna vina. Et daredes desimo a deus e livre e quite de todo outro enbargo. O qual novo da dita vina devedes acoller per nosso ome ou per ome do que tever a dita renda, ao qual devedes aproveer de comer e de bever mentre con vosco estever a coller o dito novo. Et se vos ou vossa voz quiserdes vender ou obligar a dita leira de vina primeiramente devedes vender ou obligar a nos o dito cabidoo ou a cada huun de nos ante caa outre polo justo preço que outre der, et se a nos ou cada huun de nos a non quiser reçeber venduda ou obligada, enton a vendede ou obligade a atal pessoa que seia semellavil de vos et que o dito cabidoo ou o que tever a dita renda do mes de mayo queyra reçeber a ela por foreiro. Et se contenda recleçer entre nos o dito cabidoo ou o que tever a dita renda do mes de mayo e vos ou vossa voz, que se determine por dous ommees boons de nos o dito cabidoo tomados a praser das partes sem outra apelaçon nihuna. Et nos obligamos os beens da nossa messa do dito cabidoo para vos e toda vossa voz seerdes anparados con a dita leyra de vina senpre a dereito. Et eu o dito Johan Martines asy reçebo a dita leyra de vina a foro e para lavrar e parar ben e para fazer o dito foro en salvo em cada huun anno e para conprir e aguardar todo esto que sobre dito he por min e por toda miña voz obligo min e todos meus beens gaanados e por gaanar. Feita a carta em Ourense enno dito cabidoo, dous dias de dezenbro, era de mill e trezentos e seteenta e nove annos. Tests. Gonçalvo Rella dobreiro, Johan Garçia porteiro do cabidoo, Gonçalvo Peres de Codeiro notario d’Ourense.

Et eu Afonsso Lourenço thesoureyro da igleia de Ourense e chançeler dessa cidade a esto presente foy e fiz ende fazer duas cartas en huun tenor e en cada huna delas puge meu sinal.

(sinal)