GMH/ÍNDICE A-Z

76
1309, maio, 1. Sirvián
MADRID, AHN, Carp. 1332 B/4, perg. orix., galego, gótica cursiva, 175x115 mm.

Sabeam quantos esta carta virem, commo eu Maria Ferrnandez de Treylam, filla de Fernan Peláez et de Maria Dominguez dita Velida de Treylam que foron, de boo coraçon et de boa voontade, ningun constrengendome, vendo a vos don frey Iohan, por la gracia de Deus bispo de Lugo, todo o herdamento et vos que me a min perteeçe et perteeçer deve en Froyam, su signo de Santa Maria de Serviam, por parte de myna madre sobredita, con casas et con formaes et con todas suas pertenenças et dereyturas, a monte et a fonte, per hu quer que vaam. Et reçebo de vos en preço por esta vençon una terça de çenteo de que me outorgo por ben pagada, et se mays val este herdamento douvo-lo en doaçon entre vivos por sempre. Outrosi se algun dereyto aio ou devo aaver na herdade de Froyam, que foy de Pedro et de Pay Dominguez meus tios, yrmaos de myna madre, os quaes morreron sen semen, a qual herdade he na fiigregia sobredita, renunçoo et quitome del por sempre a vos o bispo sobredito.

Feyta a carta en Serviam en dia de kalendas mayas, era de mill et CCC et XLªVIIe annos.

Os que presentes foron: Ruy Ferrnandez, coengo de Lugo, Pedro Iacome, juyz do bispo, Iohan Dominguez, notario de Lugo, Ruy Nunez de Serviam, escudeyro, Affonso Peres de Montouto et Iohan Paris de Grestumir, testemoyas, et outros.

Et eu Françisco Lopez, notario publico de Lugo, a esto presente fuy, et a rogo da dita Maria Fernandez esta carta escrivi et puge en ela meu signal et testemoyo de verdade.

SIGNO