GMH/ÍNDICE A-Z

119

 1419, xuño, 2.
O Concello ordena ós procuradores que pagasen a Afonso da Cana, servente do mesmo todo o que lle era debido do seu salario e vestiario en tercio do ano O día 3 o interesado declara ter recibido os 50 maravedís que lle debían.

Dous dias do mes de juyo. Sabean todos que seendo en consistorio enna notaria de Ruy Martines, notario publico da çidade de Santiago, Gomes Rodriges bachiller en Decretos e Vaasco Fernandes Troquo alcalles enna dita çidade e Martin Galos e Alvaro Afonso Juliate, Afonso Fernandes Abril, Fernan Gonçales do Preguntoiro e Juan Ares da Cana, jurados e regidores da dita çidade e en presença de min Fernan Yanes, notario publico de noso señor el rey enna sua Corte e en todos los seus regnos e escusador por lo dito Rui Martines, notario e das testemoyas adeante escriptas, enton os ditos alcalles, jurados e regidores mandaron a Garçia Rodriges e Juan Dominges, procuradores do dito conçello que presentes eran, que desen e pagasen a Afonso da Cana, servente do dito conçello todo o que lle era devido de seu selario [e vestuario] ata este presente dia e daqui endeante que lle pagasen o dito selario e vestuario en terços de cada ũu anno e que tomasen del carta de pago e con ela e con este mandamento lles serian resçebidos en conta todo o que lle asi pagasen. Testemoyas. Fernan Ares Xarpa,  Pero Yanes Abraldes e Juan Bugeirete e Gonçalvo de Covas e Bernald Yanes do Camino, vesiños da dita çidade.