GMH/ÍNDICE A-Z

658
1364, xaneiro, 27
Carta de poder outorgada por Estevo Fernández de Arcos a favor do seu fillo, Xoán Fernández.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 113v-114r, inlcuída en: 1364-III-4, (CD n.º 663).

Sabeam quantos esta carta virem commo eu Estevoo Ferrnandes d’Archos, scudeyro, faço et estabelesco meu procurador suficiente, legitimo et avondante a Johan Ferrnandes, meu fillo mayor, que ora se casado con Maria Lopes, filla de Lopo Dias de Cordido que foy, portador desta presente carta de procuraçon, et dou et outorgo meu livre et comprido poder a o dito Johan Ferrnandes, meu fillo et meu procurador, que por min et en meu nome possa arrendar ou afforar a o moyto onrrado sennor don frey Pedro Lopes por la graçia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, et con o dayan et cabidoo de sua iglesia cathedral de Santa Maria de Lugo, sobre toda iglesia de San Pedro de Lincora que he da dita iglesia de Lugo, et dos disimos prendaas et pessoas et herdades et casas et rendas et dereyturas dela, que lle perteesçen et perteesçer deven d’aqui adeante para senpre, en tal maneyra que lle possa dar por ella ou concanbear ou tomar por renda ou en feudo para senpre para min et meu fillo que eu leyxar na dita rendaçon, ou concanbear en aforamento ou contracto infeteorico ou outro algun que me for feyto da dita iglesia et das rendas et dereyturas dela, et para aqueles que del veeren et en que el leyxar a dita iglesia. Et todo aquelos que o dito Johan Ferrnandes, meu fillo et meu procurador, der en meu nome ou concanbear ou afforar quer en maneira de renda ou de foro ou de feudo ou de outra rason qualquer por la dita iglesia et disimos et rendas et dereyturas dela para senpre, commo dito he, eu o outorgo et ey por firme et averey en todo tempo, et doulle poder que possa para ello obligar todas las vinas et adegas et lagares et dereyturas et casas que eu ey et me perteesçen de aver en qual maneyra quer ena fliigregia de San Pedro de Lincora sobredita et enna fliigregia de Santa Alla de Adae, a monte et a fonte, peru quer que vaa sub os ditos signos de San Pedro et de Santa Alla, et prometo d’estar a ello ena maneyra et por la forma que for feyto et procurado por lo dito meu procurador, et de o atender et comprir por min et por meus herdeyros et por aquel que ficar en meu lugar ena dita rendaçon ou cambeaçon ou foro ou feudo ou outro contracto qualquer que me for feyto da dita iglesia, por min et por meus herdeiros para senpre, et para ello obligo os bees que eu ey ennas sobreditas iglesias para senpre por que se guarde et cumpla o que sobredito he, et renunçio que contra esto que sobredito he en esta rason et sobresto que dito he for feyto et ordinadto et tractado et procurado por este meu procurador non possa yr nen passar, nen meus herdeyros en nihun tempo en juyço nen fora del.

Et por que esto seia çerto rogo et mando a Johan Ferrnandes de Castrello, notario en terra de Tavoada, que faça esta carta de procuraçon.

Feyta en Espera[...] viinte et sete dias de janeyro, era de mill et quatroçentos et dous annos.

Testemoyas que presentes foron: Matheu Garçia, clerigo de Santa Maria de Pineira; et Fernan Gomes de Çentullo, et Johan do Sil, et Fernando Domingues de Toalde, et outros.

Eu Johan Ferrnandes, notario sobredito, en lugar de Pedro Ferrnandes, notario publico de Chantada et en seu alfoz por Alvar Peres de Castro, a esto presente fuy esta carta de procuraçon scripvi et este signal y fis que me o dito Pedro Ferrnandes deu en testemoyo de verdade que tal he.