GMH/ÍNDICE A-Z

627
1359, decembro, 14

Domingo de Deus e a súa muller véndenlles ao bispo e á igrexa de Lugo todo o que teñen en Caneda, freguesía de Santalla de Caneda, por 200 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 21r.

Era de mill et treçentos et noveenta et sete annos, quatorse dias de desenbre. Commo eu Domingo de Deus, morador en Caneda, con outorgamento de minna muller, Maria dos Santos, que esta presente, de bon curaçon et de boa voontade vendo a vos, o onrrado padre et senor don frey Pedro Lopes da orden dos pregadores, por la gracia de Deus, obispo de Lugo, et a vossa iglesia, toda quanta herdade et casas et arbores et formaes et jures et agoas vertes, a montes et a fontes, peru quer que vaam que eu, o dito Domingo de Deus, aio en Caneda sub signo de Santa Oalla de Caneda, a qual herdade et casas a min perteeçe d’aver por Iohan Garçia, meu padre que foy, et reçebo de vos en preço por esta vençon dusentos maravedis, dos quaes me outorgo por entrego et pago en presença do notario et testemoyas subscriptas, et logo por esta presente carta meto eno jur et posisson et propiedade da dita herdade et casas et arbores et formaes a vos, o dito sennor obispo, et a vossa iglesia et tiro ende a min, et des oie mays este dia avedea senpre en pas vos et vossa iglesia et vossos subsçesores pus vos todo meu sennorio et poderio seia sacado et removudo de min, o dito Domingo de Deus, et de toda minna vos et posto en vos, o dito sennor obispo, et enna dita vossa iglesia; et obligo meus beens, movilles et rays, gaanados et por gaanar, de vos faser senpre a dita vençon de pas.

Testemoyas: Vaasco Rodrigues da Meeda, alguasil; Afonso Aras de Quintian, Gomes Aras, seu yrmao, escudeyros do dito sennor obispo; Lourenço Peres de Inssoa, clerigo; Fernan Gonçalves de Moreda; Aras Peres de San Martino, et outros.