GMH/ÍNDICE A-Z

1013
1427, xuño, 12. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Pedro Gómez e a dúas voces herdades e casas en Forcados, freguesía de San Vicenzo de Paradela; media leira en Lamas, freguesía de San Xullao de Vilacaíz, e medio terreo edificable en San Sadurniño de Chave, por doce marabedís anuais de renda.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fs. 155 r. e v.

Sabam quantos esta carta de aforamento viren como nos as persoas coengos, benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo dentro en o coro da dita iglesia, avendo primeyramente noso consello et deliberaçon et veendo et entendendo que he noso proveyto et de nosos subçesores, et de outorgamento et consentimento de Lopo Fernandes, coengo de Lugo et rendeyro prinçipal dos aniversarios da dita iglesia de Lugo, que esta presente et outorgante, damos aforo et avervo a vos Pedro Gomes de Trasmill, et a outras duas persoas despoys de voso finamento, huna qual vos nomeardes et outra qual nomear aquela persoa que por vos for nomeada, et se non foren nomeadas que seian quen herdar vosos bees de dereyto, as herdades et casas et bees rayses que os aniversarios da iglesia de Lugo an en a aldea de For/cados, con a herdade que foy de Marina de Forcados, sub o signo de San Viçenço de Paradela, que ela deu en enprazamento a a dita iglesia de Lugo quando lle foy feyto foro das herdades et casas et bees rayses da dita aldea de Forcados, que son sub signo de San Jullao de Villaqueys, a ela et a seu marido, Domingo Ferreyro; et aforamosvos mays a meatade de huna leyra de herdade que jas en a aldea de Lamas con a meatade de hun formal de casa que esta en a dita aldea de Lamas sub o signo de San Sadornino de Chave, as quaes ditas herdades de San Sadornino por Domingo, neto da Orguynça, a a iglesia de Lugo foron mandadas, a a tal pleyto et condiçon que vos tenades labradas et ben reparadas as ditas herdades, et as casas feytas et cubertas et en boo paramento; et dedes de foro et penson de cada ano a o dito Lopo Fernandes, ou a aquel que for rendeyro et moordomo dos ditos aniversarios, dose moravedis de curtos, de dez dineyros o moravedi, de que se correr chaamente en salvo en a çiudade de Lugo, cada ano por dia de Natal. Et a finamento da pustrimeyra persoa que subçeder en o dito foro que as ditas herdades fiquen ben labradas et as casas feytas, cubertas et en boo paramento a a dita iglesia de Lugo et aniversarios dela con todos los boos paramentos que en elo foren feytos.

Et eu, o dito Pedro Gomes, que presente estou por min et por las ditas persoas asy resçebo o dito foro de vos, o dito cabidoo, por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a meus bees et das ditas persoas de o pagarmos et conprirmos et atendermos segundo et en a maneyra que dita he. Et nos, o dito cabidoo, asy vos lo outorgamos, et porque esto seia çerto rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que fesese desto duas cartas anbas feytas en hun thenor huna para vos, o dito Pedro Gomes, et vosas persoas et outra que a lançase en o libro do dito cabidoo, et as signase de seu signal, et por mayor firmedue mandamos seelar a carta de vos, o dito Pedro Gomes, con o seelo do dito cabidoo.

Que foy feyto et outorgado en a çiudade de Lugo dentro en o coro da dita iglesia, dose dias do mes de junyo, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et sete anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o que sobredito he: don Afonso Lopes, chantre; Rodrigo Afonso, juys; Lopo Dias, mestrescola; Pedro Lopes, Lopo Fernandes, Fernan Peres, Nuno Gonçalves, Joan Dias, Afonso da Bayla, Afonso Ares de Lier, coengos; Fernando Rodrigues, Afonso Rodrigues, Fernando Yanes, raçoeyros, ts.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por lo senor Obispo dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et este foro fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Ferrnandes, notario.