GMH/ÍNDICE A-Z

198
1331, xullo, 1
sentenza

Sentenza dada por Fernando Díaz, xuíz de Ribadavia e alcalde do Rei, por comisión de Afonso XI dada en (Trujillo) o 12 de maio de 1331, no preito entre o bispo e o Concello acerca do nomeamento dun xuíz.

ACOu, Privilexios IV, 12

(ed. M. Castro / M. Martínez Sueiro, Colección de Documentos del Archivo de la Catedral de Orense, I, 271-275)

Enno nomme de deus amen. Sabam todos quantos esta carta de sentença viren commo fosse contenda ontre o onrrado padre e señor dom Gonçalvo por la graça de deus obispo de Ourense e o cabidoo dessa meesma egleia da huna parte et o concello da dita villa da outra sobre rason do juis que se devya a faser enna dita villa apus morte de Pero de Veiga que morreu ante do anno que foy juiz della et commo apus morte do dito Pero de Veiga, o dito obispo por sy e por lo cabidoo da dita eigleia proveesse de juis aa dita villa que usasse do offiçio do julgado e por que a justiça non se pereçesse, conven a saber a Johan Rodrigues vesiño da dita vila, et o concello lla enbargasse disendo que o dito Pero de Veiga a tenpo de sua morte leixara e posera este offiçio deste julgado a Pero Maçía vesiño da dita vila, por que avya de usar do ofiçio enna dita villa de Ourense que quando alguun dos juises leigos que fasía o bispo de cada anno por kalendas janeiras morría ante do anno que aquel a que por elle leixasse ou em quanto o posesse aquel juis que morria a devia usar asi commo outre, et disian que poys o dito Pero de Veiga morrera ante do anno e elle leixara o julgado ao dito Pero Maçía a tenpo de sua morte e elles o avyan assi de uso e de costume que o dito obispo non podia dar o dito ofiçio ao dito Johan Rodrigues, mays que o devya aver o dito Pero Maçía, a quen o leixara o dito Pero de Veiga a tenpo de sua morte. Et o dito obispo desía que elle e seu cabidoo estavan en possisson de faser juises de cada anno assi por dias de kalendas janeyras commo quando acaeçia que alguun dos que elle fasía morría ante do anno e assi desía que o dito Johan Rodrigues que devya a usar do dito julgado e non outro ninhuun et nenhuun destes Johan Rodrigues e Pero Maçia non quiseron usar do dito dito julgado. Et assi o bispo e cabidoo commo o conçello envyaron mostrar este feyto a nosso señor el rey. Et elle vistas las querellas de huna parte e da outra envyaron mandar a min o dito Fernando Dias seu alcalde e seu juis en Ribadavia que soubesse e pesquesesse por quantas partes mellor e mays conpridamente podesse saber a verdat deste feyto en commo se usara en tenpo dos reys onde elle non e enno seu ata aqui. Et se se o dito obispo e cabidoo non se podessen aviir con o conçello que assi commo o eu achasse que se usara ata aqui que assi o mandasse conprir e agoardar segunt que todo esto mellor e mays conpridamente se conten por huna sua carta seellada con seu seello verdadeyro, da qual o tenor tal este:

Don Alffonso por la gracia de dios rey de Castella, de Leon, de Tolledo, de Gallisia, de Sevilla, de Cordova, de Murçia, de Jahen, del Algarbe e señor de Vizcaya e de Mollina, a vos Fernando Dias mio alcalde en Ribadavia o a otro qual quier alcalde que y fuer por mi o fuere daqui adelante, salut e gracia. Sepades que el obispo e el cabildo della çibdat de Orense se me enviaron querellar e desían que ellos que feseron ogaño quatro juises enlla dicha villa de Orense para oyr e livrar los pleitos que acaesesse para guardar mio serviçio e a cada uno su derecho e para faser justiçia en aquelles que o merecessen segunt que lo am de uso e de costunbre dellos poner cada año e segunt se contien en los privilegios e cartas que el dicho obispo e cabildo disen que tienen dellos reyes donde yo vengo e confirmadas de mi en esta rason, et que ante que se conpliesse el tienpo que se fine el huno delos juises de quellos otros juises quelle demandavan al dicho obispo quelles diese otro conpañero por juis, et el a so pedimiento e por que dise quello avya assi daver de uso e de costunbre dello faser, quelle dio por conpañero enel dicho offiçio del julgado a Johan Rodrigues visino del dicho lugar de Orense, por que entendia que era costunbre que guardaría mio serviçio e a cada uno su derecho et que el dicho Johan Rodrigues que non quier husar del dicho offiçio. Otrossi quel conçejo que non quier usar connel nin conssentirlle que use del dicho offiçio por rason que desian que quando finó el otro juis que dexó otro que usase del dicho ofiçio fasta el año conpleto por que lo an assi de uso e de costunbre. Et yo sobre esto enbielles mi carta en que se contien que si assi lo ovyeron de uso e de costunbre en tienpo dellos dichos reyes e en el mio fasta aqui de poner el dicho obispo e cabildo juis faltando el otro juis que non fueesse ante del tienpo conplido que assi usen daqui adellante con ellos. Por que vos mando luego vista esta mi carta que se el dicho obispo e cabildo e el dicho conçeio posieren duda entre si e non se podiessen avenyr entre si en rason del dicho uso e costunbre que vayades al dicho lugar de Orense e que fagades pesquisa e sepades verdat por todas partes la mejor e mas conpridamente podierdes, et podierdes saber et segunt fallardes por la pesquisa de vesiños en commo passaron en tienpo delos dichos reys e en el mio fasta aqui en rason del dicho uso |uso| e costunbre que assi lles mandedes que passen daqui adelante et ninguno dellos non sean osados de pasar (...) so penna de çient mor. dela moneda nueva a cada uno. Et de mas mando a don Pero Fernandes de Castro mio vassallo e mio adelantado mayor en Gallisia e al adelantado e al merino o merinos que por mi e por el y andovieren agora e daqui adelante que gelo fagan assi faser e conprir, et non fagan ende al por ninguna manera so penna della mi merçed, et de (...) a ello e a ellos venyessen me tornaria por ello. Et de commo esta mi carta fuere mostrada e se conpliere esto que por ella enbío mandar, mando a qual quier notario publico que para esto fuer llamado que de ende al onbre que esta mi carta mostrare testemonyo signado con su signo por que yo sepa en commo se cunple esto que yo mando, et non faga ende al solla dicha penna e del offiçio della notaría. La carta leyda dagela. Dada en Torgillo, dose dias de mayo, era de mill e tresientos e sessenta e nueve años. Yo Alfonso Yanes la fiz escrivir por mandado del rey. Johan Alffonso e Pero Fernandes.

Et eu Fernando Dias alcalde e juis sobre dito obedeçendo ao mandado do dito señor el rey, segunt que devo e por vertude da dita sua carta vym aqui na dita çibdade d’Ourense a pedimento dos ditos obispo e cabidoo e conçello e fige pesquisa e soube verdat por aquellas testemonyas que me fueron dadas de parte do obispo e cabidoo e do conçello e por outros omes que reçeby de meu offiçio e das testemoyas que reçebi som dos mellores e mays ançiaaos e da mellor fama que avya enna çibdat d’Ourense e doutros alguuns que non son de Ourense, et reçeby çinqoeenta e çinqo testemonyas por que se podesse mellor saber a verdat segunt todo esto mellor e mays conplidamente se conten en huna pesquisa que eu por mandado de nosso señor el rey fige en esta rason por Domingo Estevees notario publico por el rey en Ribadavia que eu tomey para este feyto por que era omme sen bandaría e atal que conpa para este feyto, et frontey ao juis e aos omes boons do conçello de Ourense seendo juntados en seu conçello por pregom que me desse ataes omes por que eu podesse conpridamente saber a verdade deste feyto. Et se ouver foro ou cartas ou privillegios del rey para ajuda deste seu feyto que mos mostrassen por que eu ao adeante podesse guardar conpridamente seu dereito. Et esta meesma fronta fige ao bispo e cabidoo sobre ditos. Et eu vista a carta do noso señor el rey e o poder que me por ella foy dado e a pesquisa e a verdat que sobre esta rason tirey e os privellegios e cartas que me fueron mostradas de parte dos ditos obispo e cabidoo, et en commo faría grande desserviço del rey e do bispo e do cabidoo desta çibdat e grande dano desta villa estar sen juises ao tenpo doora, et visto outrossi en commo este Johan das Traves que chegara a juis é tan vello e tan sinplex que non podeeria reger esta villa por sy e por acorrer aa justiça que se non perca, et por que se este juis morresse ficaria a villa en este tenpo sen juis nehuun, avendo sobre todo meu acordo con omes boons leterados e sabedores do foro e do dereito, avendo deus soo ante meus ollos, presentes dom Vaasco Peres dean e don Pero Paes arçidiago e don Pero Guias thesoureyro procuradores do dito obispo e do cabidoo d’Ourense, et Ruy Peres dito Pexoto e Johan Nicolas e Johan Rodrigues procuradores do conçello e pedindome aficadamente que mandasse sobre ello o que achasse por dereito este presente dia assignado para oyr sentença, por que avya assi por verdat de moytas testemonyas assi clerigos commo leigos commo alguuns outros omes de religion que o bispo de Ourense e o cabidoo, assi este que agora era commo os outros que fueron ante del estan en possisson de tanto tenpo que non a memoria de omes en contrario de faser juises enna villa de Ourense cada que acaeçia de cada anno, et quando alguun ante do anno morría de o poñer e faser outro en seu lugar ata o anno conprido, et commo por cartas e por privillegios que me mostraron dos reys onde este nosso señor el rey veen et por nehunas de quantas testemonyas eu reçebyn non pude ende achar o contrario, por ende en este presente escrito, conprindo o mandado de meu señor el rey segunt que enna dita sua carta se conten, mando que o juis que o dito don Gonçalvo obispo de Ourense por si e por seu cabidoo poso en lugar de Pero de Veiga que foy daqui juis para husar do offiçio do julgado ata o anno conprido que seia juis e use de seu offiçio e faça justiça segunt que dever de dereito enos que a mereçeren sen enbargo e sen contradisemento de nehuun ata dia de kalendas janeiras que o obispo á de faser outros juises. Et mando de parte de nosso señor el rey e su a pena que enna sua carta e conteuda ao conçello en perssona destes seus procuradores e a cadauun do conçello que o aian por seu juis e usen con elle enno dito tenpo commo con seu juis. Et mando a elle que use do offiçio do julgado en guisa que por sua culpa ou por sua mingua a justiça non se perca, senon que nosso señor el rey se torne a elle por ende. Et mando da parte de nosso señor el rey que assi se conpra e se aguarde daqui endeante. Et que esto seia çerto e non veña en dulda dey ende aos ditos obispo e cabidoo esta carta de sentença seellada con meu seello en que escrivi meu nomme con miña mao e signada dos signos de Domingo Estevees notario del rey en Ribadavia e de Fernan Migues e Affonso Peres notarios da dita çibdat de Ourense. Feyta o primeiro dia de jullo, era de mill e tresentos e sesseenta e nove annos. Testemunyas Johan Yanes das Traves juis d’Ourense, Lourenço Paes e Pero Peres de Çima de Villa, Johan Aras e Martin Yanes, Affonso Yanes notario e Domingo Peres dito Yoglar e Pero Maçia e Johan Rodrigues e Fernan Rodrigues e Pero Lourenço escripvaos, Gonçalvo Fernandes e Romeu Peres, Gonçalvo Yanes escrivan filllo de Domingo Yanes alffayate, todos vesinos d’Ourense.

Et eu Domingo Estevees notario publico del rey em Ribadavia a esto presente foy e por mandado do dito Fernando Dias alcalde esta carta de sentença escrivi e meu sinal poño que tal he.

(sinal)

Et eu Affonsso Peres notario jurado enna çidade e bispado d’Ourense porllo bispo e porlla igleia desse lugar que a esto presente foy con o dito Domingo Estevees notario publico del rey en Ribadavia e por mandado do dito Fernan Diaz alcayde sobre dito meu nome e meu signal y puge en testemonyo de verdade que tal he.

(sinal)

Et eu Fernan Miguez notario jurado d’Ourense pola igleia desse lugar que a esto presente foy con os ditos Domingo Esteveez notario de Ribadavia e con Affonso Peres notario d’Ourense e por mandado do dito Fernan Diaz meu nome e meu signal y puge en testemunyo de verdade.

(sinal)

Fernando Dias

[reverso] Sentença por que o bispo con seu cabidoo an de fazer juyz quando morrer algun.

Materias

adiantado; alcalde; alcume; apelación; arcediago; arquivo; auto xudicial; avinza; bispo; cabido; concello; crego; deán; dereito; dignidades; doente; escribán; escritura; familia; fillo; indagación; lei; letrado; mandamento; marabedí; meiriño; nomeamento; notario; pai; pena; preito; privilexio; procurador; protesta; provisión; publicación; querela; rei; rexedor; secretario; selo; señor; sinatura; tesoureiro; testemuña; vasalo; veciñanza; xastre; xograr; xuíz; xuíz comisario; xurisdición; sentenza

Persoas

Afonso Eáns, notario; Afonso Eáns, secretario; Afonso Pérez, notario; Afonso Pérez, notario; Afonso XI, rei de León e Castela; Domingos Eáns, xastre; Domingos Estévez; Domingos Estévez, notario; Domingos Pérez, dito Xograr; Fernando Díaz, alcalde de Ribadavia; Fernando Miguez, notario; Fernando Rodríguez, escribán; Gonzalo Eáns, escribán; Gonzalo Fernández; Lourenzo Páez; Martiño Eáns; Pedro de Veiga, xuíz de Ourense; Pedro Fernández; Pedro Fernández de Castro, adiantado de Galicia; Pedro Lourenzo, escribán; Pedro Macías, escribán; Pedro Macías, xuíz de Ourense; Pedro Pérez de Cimadevila, rexedor de Ourense; Pedro Xiás, tesoureiro de Ourense; Roi Pérez, dito Peixoto, procurador do concello de Ourense; Romeu Pérez; Vasco Pérez Mariño, deán de Ourense; Xoán Afonso; Xoán Ares; Xoán Eáns das Trabes, xuíz de Ourense; Xoán Nicolás, procurador do concello de Ourense; Xoán Rodríguez, escribán; Xoán Rodríguez, xuíz de Ourense; Gonzalo Pérez de Novoa, bispo de Ourense

Outros

Ribadavia, concello; Castela, reino; Galicia, reino; Ourense, cabido; Ourense, concello; Ourense, bispado

Lugares

Bizcaia; Castela, reino; Córdoba; Galicia; León, reino; Molina de Aragón; Murcia; Ourense; Ribadavia; Sevilla; Toledo, reino; Trujillo; Veiga; Xaén