1329, xuño, 3. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlle a Xoán Miguez e a unha voz un soar
en Palas de Rei por cinco marabedís anuais e a obriga de construír unha
casa.
Era de
mill et CCC LXª et sete annos. Sabeam quantos esta carta virem commo
nos o dayan et cabidoo da iglesia da iglesia (sic) de Lugo, damos et
aforamos a vos, Iohan Migueles de Palas de Rey, alfayate, et a vosa
muller Mayor Peres, et a huna pesoa qual vos en vida ou a voso
pasamento o postrimeyro de vos nomear para esto, a nosa praça de
huna casa que esta enno burgo de Pallas de Rey no Caminno Françes
que he desta nosa iglesia; a qual casa esta en dereyto d’una casa
que he do moesteyro de Vilar de Donas, a a tal pleyto et vervo conven
a saber: que vos os ditos, Iohan Migelles et vosa muller sobredita,
façades en esta praça huna casa de paredes et con seus portaes et
con seus sobrados semellavel a as outras casas que estan en ese burgo
cabo dela; et esta casa avedes de façer deste San Johan que ora ven
a hun anno primeyro que se segue da era desta carta. Et avedes a dar
cada anno vos et a dita persoa çinquo maravedis, d’oyto soldos o
maravedi, desta moneda del rey don Fernando, por cada dia de Santi
Spiritus en Lugo en salvo a aquel que ouver de recadar os
aniversarios da iglesia de Lugo por nos. Et a morte de vos et da dita
pesoa devedes a leyxar esta cassa livre et quita con todo-llos boos
paramentos que en ella foren feytos a iglesia sobredita. Et eu, Iohan
Miguelles por min et por Mayor Peres, minna muller et por la pesoa
que para esto for nomeada, outorgo et obligo todos meus beens et de
façer et comprir esto commo sobredito he. Et que esto seia çerto et
non venna en dulta nos as partes sobreditas mandamos a Fernan Peres,
notario publico de Lugo, que feçese ende duas cartas en hun tennor.
Presentes
foron: don Fernan Aras, dayam; don Pedro Ruys, juys; don Diego
Ferrnandes, archidiacono de Deçon; Aras Pellaes, coengo de Lugo;
Afonso Eanes, raçoeyro; Nuno Pellaes, clerigo; Pedro Miguelles,
Afonso Gayo, Domingo Eanes, Françisco Guillelmes, coengos do
aniversario; Fernando Aras, procurador, testemoyas. Et eu Fernan
Peres, notario sobredito, a esto presente foy et esta carta scrivi et
puge meu nome et meu signal. (+).