GMH/ÍNDICE A-Z

1363
1486, decembro, 12. Lugo
Vasco de Martín, que levaba en foro o lugar e casal da Casa do Monte, pertencente á igrexa de Lugo, traspásalle este foro a Pedro Amigo porque non pode cumpri-las condicións relativas ó devandito casal.

MADRID, AHN, Carp. 1337 nº 10, perg. orix., cortesá, 200 x 345 mm.

En a çibdade de Lugo, a dose dias do mes de desenbre, do ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et oyteenta et seys anos. Estando ende de presente Vaasco de Martin, fillo de Ares de Martin, que presentes anbos estavan, et eso meesmo estando de presente Pedro Amigo, vesino vesino (sic)  et morador en a dita çiudade de Lugo açerca da Porta Noba, et en presença de min, o notario, et dos testigos de juso escriptos, et logo o dito Vaasco de Martin diso que por quanto el tina aforado et en foro do cabildo desta iglesia de Lugo o casal et lugar chamado da Casa do Monte, que he açerca desta dita çibdade, con suas erdades et casa et entradas et seydas, perteesçente a os aniversarios da dita iglesia, por sua vida et de outras duas personas despoys del, et por contia de des maravedis vellos, de cada un ano, segundo se mays largamente contina en o dito foro, et por quanto el era obligado et tiudo a o dito Pedro Amigo por moytas et boas obras et graçias que avia feytas a o dito Ares de Martin, seu padre, et eso mesmo asy a el, et outrosy por quanto non entendia, nen podia reparar o dito lugar, nen conprir as condiçoes contiudas en o dito foro, por ende o dito Vaasco de Martin diso que de sua propia et libre voontade et sen outra premea, nen engano, nen costrengemento alguno, et como millor podia et devia de dereito que lle plazia et queria et outorgaba et conoscia et outorgou et conosçeu que en toda sua vida do dito Vaasco de Martin o dito Pedro Amigo et quen el quisesse podese lebar et levase os usosfrutos do dito lugar, os quaes lle dava et donaba et fasia delles graçia et donaçion por rason et cabsa do sobredito et cada cousa o parte dello et ho dar a labrar, et que conprise et pagase o contiudo en o dito foro, et esto sen seu enbargo nen contradiçon, nen de outra persona alguna, et ho entrar por sy ou por outro. Et outrosy o dito Vaasco de Martyn diso que consentia et outorgava et consenteu et outorgou que falleçendo el da presente vida ante que o dito Pedro Amigo que fose persona do dito foro o dito Pedro Amigo et podese nomear a outra, et falleçendo o dito Pedro Amigo en toda sua vida do tio Vaasco de Martyn levasen o dito lugar et os usosfrutos del et despoys de seu pasameto do dito Vaasco de Martyn, que fosen do dito foro, personas aquellas que de dereito herdasen os beens do dito Pedro Amigo ou quen el quisese et nomease, et que el desde agora para entonçe et de entonçe para agora asi o consentia et nomeaba et se demetia do dereito dos ditos usosfrutos do dito lugar et do dereito de nominar persona nen personas çerca del, salvo que fose et se conprise çerca do sobredito todo ho de arriba contiudo, et se algua cousa en contrario desto o dito Vasco de Martyn fezesse que non valuesse, salvo que valuesse et fose firme segundo et como de arriba se contina. O qual diso que prometia et prometeu de o asy teer et conprir et guardar et por elo estar et contra elo non yr nen pasar o dito Vaasco de Martin a os santos evangelios de o asy teer et conprir et gardar et por elo estar et sub pena do prinçipal et de todas las custas et dapnos que sobrello requeçesen, para o qual diso que obligaba a sy et a seus bees, mobles et rayses, avidos et por aver, de o asy teer, conprir et gardar et por ello estar et caso que en contrario alguna cousa fezesse que lle non valuesse nen fose sobrello, nen outro por el, oydo nen oydos, reçebido nen reçebidos en juyso nen fora del, et caese et encorrese en as ditas penas et qualquer dellas aunque por dereito non valuesen que queria et quiso que oubesen lugar, sobre lo qual diso que renunçiaba et renunçiou todas las leys et dereitos que en contrario podese alegar para que as non alegase, nen outro alguno por el nen en seu nome, de maneira que sobrelo el nen outro por el non fosen oydos nen reçebidos en juyso nen fora del, et a ley que disia que general renunçiaçion non valuese. Çerca do qual diso que outorga et outorgou un contrabto forte et firme a vista de leterados por ante min o notario et testigos de juso escriptos. Et o dito Pedro Amigo diso que asy o reçebia et ho pedia signado a min, o dito notario.

Testigos que foron presentes chamados et rogados: o dito Ares de Martyn, padre do dito Vasco de Martyn, et Pedro de Bujan, carpenteiro, et Johan de Pereyra, coytelleyro, et Fernan de Narla, et Gomes d’Alveyros, criados do dito Pedro Amigo, vesinos et moradores en a dita çibdade de Lugo.

Et eu Affonso Fernandes de Agrello, escrivano de noso senor el Rey et seu notario publico en a sua Corte et en todos los seus reynos et senorios et outrosi notario publico da dita çibdade et obispado de Lugo por la autoridade do senor Obispo et cabildo dese lugar, a esto que dito he en un con os ditos testigos presente foy et este contrabto, segundo que por min pasou et foy outorgado por lo dito Vaasco de Martyn, por mina mao o escripvi et a pedimento do dito Pedro Amigo aqui puje en el meu signo et nome en testemoyo de verdade.