Nuno Patiño.
Sabado XVIIIº dias de setenbro, a moller de Gomes da Rigeira, con liçençia de seu marido que lla deu, obrigou sy et seus beens de quitar a paz et a salvo por qual quer fiança e fiadoría que Nuno Patiño notario fyase Alvaro Laso sobre rason da vyña da Loona et da novidade da viña da Loona e das maas paranças e qual quer contrauto et fiança que lle o dito Nuno Patiño sobre elo fesese por lo dito seu marido, que se obrigava de o faser a paz e a salvo etç. Contrauto forte e firme etç. Tests. Gonçalvo Garçia de Pyñor Mugares e Joan Rodrigues (- - -) clerigo, parente de Rodrigo Afonso.
En este día et por estas tests. o dito Gomes da Rigeira deu e traspasou a dita viña enna dita sua moller e para vender se neçesario fose para que se quitase da dita fiadoría etç. Contrauto forte e firme. (fol. 127)