GMH/ÍNDICE A-Z

961
1418, xuño, 4 sábado. Lugo

O Cabido de Lugo establece quén ha de estar presente cando se realicen contratos de foro para que sexan válidos.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 131 v.
       

Ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et dez et oyto anos, sabado, quatro dias do mes de junyo.

Estando o dean, chantre, persoas coengos et benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo en seu cabidoo dentro en o coro da dita iglesia da dita iglesia (sic)  de Lugo por canpaa tangida, segundo que an de uso et de custume, en presença de min notario et testemoyas iuso escriptas, enton o dito dean, chantre et persoas et coengos et benefiçiados sobreditos feseron entre sy tal contrauto et ordenança, conben a saber que quando se algun foro fezese, quer dos anyversrios quer da mesa do cabidoo, que o non fesesen sen o dito dean, ou seu procurador, ou outro que oubese seu poder para o consintir, et eso meesmo que cada et cando que algun foro se ouvese de faser que primeyramente fose tangida a campaa grande segundo custume, se non que \non/ valuese foro que se fesese. Et o dito dean mandoulles sub pena d’escomonyon que esto conprisen et gardasen, et eles diseron que lles prasia et outorgarono todos porque diseron que era boa ordenança et çerta. Et eso meesmo para os foros dos aniversarios que fosen chamados os coengos d’aniversario.

Testemoyas: Afonso Lopes, chantre; Rodrigo Afonso, juys; Lopo Dias, mestrescola; Lopo Ferrnandes, Juan Yanes, Fernan Rodrigues, Rodrigo Ares, Afonso Teyxeyro, Juan Lopes, Juan Dias, coengos de Lugo; Fernan Ferrnandes, Pedro Ferrnandes, Afonso Rodrigues, Fernan Rodrigues, raçoeyros; Fernan Yanes, sancristan; Fernan das Cortinas, Afonso Pallin, Afonso Ferrnandes de Teyxeiro, coengos de aniversario, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy, et esta ordenança de suso fis scripvir por mandado do dito cabidoo, et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).
Pedro Ferrnandes, notario.