1334, febreiro, 3. Lugo
Xoán Fernández véndelle ao racioneiro Xácome Eanes o que lle corresponde na igrexa de San Vicente de Pedreda por 40 soldos.
Sabeam
quantos esta carta viren commo eu Iohan Ferrnandes do Tellado,
morador en Rimiae, de bon curaçon et de boa voontade vendo a
vos Iacome Eanes, raçoeyro de Lugo, et a vosa vos, hun coroado
cada anno pe-llo pe do altar da iglesia de Sant Viçenço
de Pedreda, con toda a renda et serviço et vianda et iur do
padroadigo que me perteeçe de cada ano enna dita iglesia. Et
reçebo de vos en preço por esta vençon quaraenta
soldos desta moneda del rey don Affonso Affonso (sic) de que me
outorgo por entrego et ben pagado, et renunçio a exçepçon
do aver non contado et d’engano mays cada meatade do dereyto
preço, et toda outra boa raçon et exçepçon
que por min possa aver para contra esta vençon viir que as non
posa diser nen alegar por min nen por outrem en iuyço nen fora
del. Et para esto assy conprir et guardar et para contra esta vençon
non viir faço iuramento a os santos avangeos, corporalmente
taniudos con minnas maos, et obligo min et todos meus bees de vos
faser senpre esta vençon de pas. Et des oie mays este dia todo
meu poderio et senorio ende seia sacado et removudo de min et posto
en vos.
Feyta a
carta da vençon en Lugo, tres dias de fevreiro, era de mill et
CCC LXX et dous annos.
Testemoyas:
Marcos Domingues; Fernan Eanes da Crus; Gil, omme de Fernando
Martines de Cortinnas ts., et outros ts.
Et
eu Ruy Ferrnandes, notario publico de Lugo, a esto commo dito he
presente foy et esta carta en minna presença fis escrivir et
puge en ella meu signal. (+).