GMH/ÍNDICE A-Z

325
1335, marzo, 11. Lugo

Domingo Pérez recibe do tesoureiro os bens pertencentes aos seus fillos; asemade, ratifica a venda realizada polo propio tesoureiro ao Cabido dunhas propiedades en Castelo.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 3r.

Sabeam quantos esta carta viren, commo eu Domingo Peres dito das Castineyras, morador en Villalva, marido que foy de Maria Eanes, filla de Johan Eanes da Cruz que foy, conosco et outorgo que reçebi de vos Aras Pellaes, thesoreyro da iglesia de Lugo, boa conta et entrega et paga verdadeyra de todos los bees movelles et rayz que eu avia d’aver et me perteeçian et perteeçer devian por parte d’Affonso Domingues et Clara Domingues, meus fillos et da dita Maria Eanes, os quaes bees vos tinades en guarda para os dar a os ditos meus fillos quando fosen d’ydade para os poderen reçeber, dos quaes bees que de vos reçebi en nome dos ditos meus fillos conosco et outorgo que soo entrego et ben pagado et douvos de todo por livre et por quito a vos et a todos vossos bees que nunca sobre esta raçon faça ninhuna demanda en iuyso nen fora del. Outrosi outorgo et dou por firme et por estavelle para senpre a vençon que vos, Aras Pelaes, feçestes a o cabidoo da iglesia de Lugo do herdamento que lle vendestes en Castello sub signo da cappella de Santiago de Lugo que perteeçia a os ditos meus fillos por parte da dita sua nana Maria Eanes, conosco et outorgo que soo entrego et ben pagado do preso que vos Aras Pelaes, thesoreyro, reçebestes po-llo dito herdamento, et prometo de non viir contra ello per min nen per outrem en iuyso nen fora del en nihun tempo en maneyra que seia. Et porque esto seia çerto et non vena en dulta ruguey a Roy Ferrnandes, notario publico de Lugo, que feçese ende esta carta.

Que foy feyta en Lugo XI dias de março, era de mill et CCCLXXIII annos.

Testemoyas que foron presentes: Pero Peres dito Gago mercador; Pero Martines, carniçeiro, Vaasco Peres seu fillo; Gomes Eanes de Deça; Affonso Ferrnandes; Lopo Peres ts., et outros.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo, dado pe-lla auctoridade do bispo desse miismo lugar, a esto commo dito he presente foy et esta carta fiz escrivir et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.