GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

A3
1378, ¿?, 26
García Pérez de Ribela, escudeiro, afora a dúas voces a Roi Pérez unha herdade e monte, con condición de poñer viña en tres anos, por cuarta de viño e composta, e unha leira, tamén para plantar, por cuarta. (fol. 3-3v)
Sabeam quantos esta carta viren que eu Garçia Peres de Ribella escudeiro (morador) enna See, dou e outorgo a foro a vos Roy Peres, fillo de Pero (...) et de Tereija Lourença e a duas voses apus vossa morte, quaes vos nomea(...) a tenpo de voso finamento e non as nomeando que seia vos o que herdar os outros vossos beens de dereyto, a herdade e monte que jas enno (...) da Asna, ontre a vyña que lavra Domingo Arteiro do lugar da Torre e as Fonteyñas, que son da villa do Mato e como vem a viña de Dom(ingo) Arteiro do lugar da Torre em longo, e asy vay esta herdade que eu o dito Garçia Peres aforo ao dito Roi em travesso para o rio da Aveleeda, por tal pleito e condiçon que a façades logo de vyña em estes tres annos primeiros que veem et que dedes dela a min e a miña vos a quarta parte do vyño e conposta que deus em ela der enna vyña (...) por meu ome, o qual ome proveeredes etç. Iten vos a(foro) mays a leyra longa que se comença em Savarigos e enna herdade (...) Pero Fernandes ata o bacelar que feso Afonso Suares em (...) do bacello que feso que feso Afonso Suares enna herdade do (...) Carazedo et que a chantedes e façades (...) a quarta parte do viño e con-posta que deus (...) (fol. 3)
por min e por as ditas voses que non son presentes asy reçebo de vos o dito Garçia Peres as ditas herdades que me aforades por (...) e condiçon sobre dita et para lavrar e parar bem os ditos beens (...) dades e pagar cada anno o dito foro e conprir e a agardar as condiçoens desta carta e cada huna dellas obrigo a vos o dito Garçia Peres /a min\ todos meus beens moviles e rayses, gaanados e por gaañar. Outrosy he posto que a parte de nos que contra esto que sobre dito he quiser pasar et o non conprir e agoardar, que peyte aa outra parte que em elo quiseer estar e o conprir e agoardar çem mrs. de dños. brancos e a vos del rey outros tantos e a dita penna pagada ou (...) que esta carta e o conteudo em ella fique firme e vala enno (...). Feyta a carta em Ribella, vynte e seys dias do mes de (...) era de mill e quatroçentos e des e seys annos. Tests. (...) presentes Nuno Ares de Costa de Monte e Pero (...) fillo de Joan Gomes de Melles e Domingo (...)