GMH/ÍNDICE A-Z

321
1334, xullo, 17. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo arréndanlle ao cóengo Xoán Fernández, mentres viva, o casal de Castello. O primeiro ano deberá pagar unha renda de 70 marabedís e o viño; despois, 80 marabedís.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 25v, traslado ao Libro do Cabido polo notario Rui Fernández.

Era millesima CCCª LXXta secunda et quotum XVIIª die mensis iullii. Sabeam quantos esta carta viren commo en presença de min Pedro Iacome, juys et publico notario da iglesia de Lugo, et das testemonias adeante escriptas, seendo no thesouro da dita iglesia, hu se acustuma a façer o cabidoo, aiuntados por canpaa taniuda os omes boos do cabidoo da dita iglesia, arrendaron o casal de Castello, que conpraron o dayam et cabidoo da dita iglesia a o thesoreiro, don Aras Pellaes, a Iohan Fernandes de Valdayo, coengo de Lugo, por en toda sua vida con todas las casas et herdades et sopinoramentos et dereytos, asy commo o conpraron a o dito thesoreiro, et con sete armentios que son taes: un boy et dous almallos et huna beçerra que pasan por dous annos, et tres vacas parideyras. Por lo qual arrendamento o dito Iohan Fernandes ha de pagar este primeiro anno seseenta moravedis d’esta moneda que ora corre del rey don Affonso et o vino; et ennos outros annos seguintes ha de pagar cada anno oyteenta moravedis da dita moneda, os quaes moravedis ha de pagar a os que acadaren os aniversarios da iglesia de Lugo, a os terços do anno. Et o dito cabidoo han de fazer de paz o dito casal a o dito Iohan Fernandes segundo que llo arrendan et reçeber-le en conta toma ou grando ou geada, asy commo he huso et custume da iglesia de Lugo dos outros casares et rendas que ha. Et o dito Iohan Fernandes reçebeu o dito casal et gaado sobredito, et obligou si et seus bees a pagar a dita renda cada anno commo dito he; et a sua morte leyxar o dito casal livre et desenbargado con todos los boos paramentos que y feçer et con outro tanto gaado et tal commo o reçebia. Et para o asi conprir deu por fiador: don Fernan de Deus, chantre da dita iglesia de Lugo, que foy presente et outorgante-se por fiador. Et de commo esto pasou por ante min notario as ditas partes rogaron-me que feçese ende duas cartas en hun tenor. Testemoyas que foron presentes: o dito chantre; don Alvar diaz, archidiago de Sarrea; don Pedro Royz, archidiago de Deçon; don Aras Pellaes, thesoreiro; Andres Peres, Pedro Aras et Vasco Diaz, coengos; Françisco Guillelmes, Pedro Miguelles et Domingo Eanes, coengos de universaria, et outros. Et eu Pedro Iacome, iuyz et publico notario de Lugo, presente et notei et fige escrivir esta carta et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade. Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo dado per auctoridade do bispo desse miismo lugar, vi et ley a carta sobredita signada de signal de don Pedro Iacome, iuyz et notario sobredito, et a rogo de Fernan Affonso, coengo de Lugo, procurador do sobredito cabidoo, et por mandado et auctoridade do sobredito iuys vervo por vervo a dita carta en mina presença fiz trasladar et puge en ella meu signal.