GMH/ÍNDICE A-Z

344
1336, setembro, 1. Lugo
O Cabido de Lugo entrégalle en préstamo tres libros ao cóengo Fernando Afonso e estipulan as condicións deste.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 8r.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Fernan Affonso, coengo de Lugo, conosco et outorgo que reçebi de vos don Fernan Aras, dayam, et do cabidoo da iglesia de Lugo, tres livros enprestados para estudiar por elles, os quaes livros de vos reçebi en presença do notario et das testemoyas subscriptas, de que soo entrego et ben pagado, et os quaes livros son estes conven a saber: hun degredo con grosa antigua que non he ordenaria, et hun texto dun digesto vello non capas de grosa. Item outro livro en que se conteen os libellos et a lectura de actionnibus de instituta con outras questiones moytas. Et estes livros sobreditos outorgo et prometo d’entregar et et (sic) dar a o bispo de Lugo ou a vos o dito cabidoo cada que os vos ou cada un de vos pidirdes ou demandardes, et non vos entregando os ditos livros ou cada hun delles, ou perdendoos por caso fortuito, que vos pague por lo degredo çen moravedis, d’oyto soldos o moravedi, desta moneda que ora corre, et po-llo degesto vello oyteenta moravedis, et por lo terçeyro de actionnibus das questiones çento et viinte moravedis. Et para esto conprir commo dito he eu o dito Fernan, coengo, obligo meus bees para o conprir et pagar en pas et a salvo enna villa de Lugo, et espeçialmente vos obligo a minna casa da rua da Cruz, que he sub signo da capella de Santiago, pra vos pagar os ditos moravedis non entregando os sobreditos livros. Et por que esto seia çerto eu o dito Fernan Affonso, coengo, roguey a Ruy Ferrnandes, notario publico de Lugo, que feçese ende esta carta no livro do cabidoo.

Feyta primeyro dia de setenbro, era de mill et CCC LXX et quatro annos. Testemoyas: don Fernan Aras, dayam; don Fernan de Deus, chantre; don Diego Ferrnandes, archidiago de Neyra; don Alvar Dias, archidiago de Sarrea; Ruy Ferrnandes, archidiago de Trasancos; don Pedro Iacome, juys; don Aras Pellaes, thesoreyro; don Aras Pellaes, thesoreyro (sic); Vasco Dias et Johan Fernandes et Andres Peres, coengos de Lugo, ts.

Et eu Ruy Ferrnandes, notario sobredito dado pella auctoridade do bispo desse mismo lugar, a esto commo dito he presente foy et vi commo o dito Fernan Affonso reçebeu en sy os ditos livros, et esta carta escrivi et puge en ela meu signal.