GMH/ÍNDICE A-Z

352
1337, maio, 18. Lugo
O tesoureiro e Fernando Domínguez afóranlles a Pedro Arias e á súa muller e a unha voz unha casa, horto e cortiña por renda anual á igrexa de Valonga da cuarta parte dos novos, a sesma do campo e 12 soldos pola casa.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 27r.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Aras Pellaes, thesoreyro da iglesia de Lugo, et prestameiro da iglesia de Sancta Maria de Valonga, et Fernan Dominguez, prelado desa iglesia, con outorgamento do dayam et cabidoo da iglesia de Lugo, damos avervo et aforamos a vos Pedro Aras et a vosa muller Maria Gonçalves et a huna pesoa semelavele de vos, huna casa et huna cortina et hu orto que esta enno Outeyro de Valonga, que se parte con Diego Rodriguez, et commo se parte da herdade dos Herdeyros et con hun canpo en que estevo a casa d’Alda que se vay ferir a a castineyra d’arriva da iglesia, et commo se parte do terreo do foro et da casa de Garçia Perez. A qual casa et cortina et orto et leyra vos avervamos a tal razon que vos que a lavredes ben et paredes et dedes cada anno a a sobredita iglesia de Valonga a quarta dos novos que Deus der enna cortina et orto, et a sesma do canpo, et cada anno por \la/ casa doze soldos desta moneda del rey don Affonso, que façen quatro dineiros novees tres soldos, et pagarlos por Natal. Et a vosa morte et d’aquella pesoa que vos nomeardes deve afficar as ditas casa, cortina et orto et canpo livres et quitos a a dita iglesia de Valonga con todo los boos paramentos que y foren feitos et con a dita casa feita. Et este vervo non avedes a vender nen a supinorar a nengun home poderoso.

Et eu Pedro Areas, que estou presente, asi reçebo de vos, thesoreyro et Fernan Domingues, o vervo et foro das ditas casa et cortina et orto et canpo por min et por la dita mina muller et pesoa que for nomeada, et obligo min et todos meus bees para pagar cada anno os ditos dineiros et conprir todo esto que dito he. Et por que esto seia çerto nos as ditas partes con outorgamento do dayan et cabidoo sobreditos rogamos a Ruy Fernandez, notario publico de Lugo, que feçese ende esta carta et posese en ella seu signal. Et eu thesoreyro sobredito por mayor firmidue seeleya de meu seelo pendente.

Feyta en Lugo XVIIIº dias de mayo, era de mill et CCC LXXta et çinquo annos. Testemoyas: don Alvar Diaz, archidiago de Sarrea; don Pedro Roys, archidiago de Deçon; Vaasco Dias, coengo de Lugo; Afonso Eanes et Rodrigo Eanes, clerigos do coro de Lugo; Lopo Peres, Iacome Eanes, Iohan Eanes da Cruz.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo dado por auctoridade do bispo desse miismo lugar, a esto commo dito he presente foy et a rogo das partes sobreditas esta carta en mina presença fis escrivir et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.