GMH/ÍNDICE A-Z

355
1337, maio, 28. Lugo
O tesoureiro e Fernando Domínguez afóranlles a Diego Rodríguez e á súa muller e a unha voz unha casa e un celeiro, e débenlle dar anualmente á igrexa de Valonga a cuarta parte dos novos e 12 soldos por foro.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 27r.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Areas Pellaes, thesoreyro da iglesia de Lugo, et prestameyro da iglesia de Valonga, et Fernan Domingues, prellado desa iglesia, con outorgamento de don Fernan Aras, dayam, et cabidoo da iglesia de Lugo, damos avervo et afforamos a vos Diego Rodriguez de Valonga, morador en Outeyro, et a vosa muller Sancha Aras et a huna pesoa semellavele de vos qual o postrimeyro de vos nomear a tenpo de seu finamento, huna casa et hun çelleyro que esta cabo desta casa que he da dita iglesia de Valonga, con sua cortina commo se vay ferir enna de Pedro Aras et se parte con el et con outra cortina que iaz ante a porta desta casa sobredita et fere nos pumares ççiegueses et fere na casa que foy d’Alda et con outro çelleyro que esta a ausia desta iglesia, que feço Afonso Gago. A qual casa et cortinas et çelleiros vos ora tragedes po-lla dita iglesia, et vos avervamos et afforamos a a tal razon que vos que as lavredes et paredes ben et dedes cada anno, a a sobredita iglesia de Santa Maria de Valonga, a quarta en salvo dos novos que lavrardes nas ditas cortinas, et doze soldos desta moneda del rey don Afonso por foro et en reconoçemento po-las ditas casas et çelleiros, a a dita iglesia, vos et aquela pesoa que nomeardes. Et estos dineiros avedes a pagar cada anno por Natal. Et a vosa morte et d’aquela pesoa que nomeardes deve ficar os ditos çelleyros et casa et cortinas livres et quitas a a iglesia de Valonga con todos los boos paramentos que y foren feitos et con a dita casa et çelleyros feytos. Et este foro et vervo non avedes a supenorar nen vender a nehun ome poderoso. Et eu Diego Rodriguez, que estou presente, asi reçebo de vos, os ditos tesoreiro et Fernan Domingues, o vervo et foro das ditas casa et çelleiros et cortinas por min et po-la dita minna muller, pesoa sobredita, et obligo min et todos meus bees para pagar cada anno os ditos dineiros et conprir todo esto que dito he.

Et por que esto seia çerto nos as ditas partes con outorgamento do dayam et cabidoo sobreditos rogamos a Ruy Fernandez, notario publico de Lugo, que feçese ende esta carta.

Que foy feyta en Lugo XXVIIIº dias de mayo, era de mill et CCC LXXV annos.

Et eu thesoreiro sobredito por mayor firmidoe seeleya de meu seelo pendente.

Testemoyas: don Alvar Dias, archidiago de Sarria; don Pedro Royz, archidiago de Dezon; Vaasco Diaz, coengo; Affonso Eanes et Rodrigo Eanes, clerigos do choro de Lugo; Lopo Peres, Iacome Eanes et Iohan Eanes da Crus ts.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo dado por auctoridade do bispo desse miismo lugar, a esto commo dito he presente foy et a rogo das partes sobreditas esta carta escrivi en mina presença et puge en ela meu signal en testemoyo de verdade.