GMH/ÍNDICE A-Z

361
1337, xullo, 12. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo arréndanlle a Xácome Eanes, clérigo, a terceira parte da igrexa de San Vicente de Pedreda e reservan para si a presentación. Debe pagar anualmente tres terzas de pan.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 14v.

Era de mill et treçentos et LXXV annos, XII dias de iulio. Sabeam quantos esta carta viren commo nos don Fernan Aras, dayam da iglesia de Lugo, et o cabidoo desse lugar, con outorgamento dos coengos do aniverssario, arrendamos todo o padroadigo que os aniversarios da dita iglesia de Lugo am enna iglesia de San Viçenço de Pedreda, salvo presentar clerigo quando acaeçer, a vos Iacome Eanes, clerigo da terça parte da dita iglesia, por en toda vossa vida; por la qual renda avedes a pagar cada anno en salvo, a os que recadaren as rendas dos aniversarios por la iglesia de Lugo, tres terças de pam, as duas partes de temporao et a terça de serodeo, et darlo po-la taega dereyta por que conplaren et venderen na villa de Lugo, na iglesia de Pedreda. A qual renda avedes a pagar cada un anno des dia de Santa Maria d’agosto ata Natal a os ditos recadadores. Et eu, o dito Iacome Eanes, reçebo a dita renda de vos os ditos dayam et cabidoo por las ditas condiçoes et prometo a a boa fe de gardar et procurar y prol et serviço da iglesia de Lugo. Et obligo min et todos meus beens, movilles et rays, iglesiarios et leygarios, a pagar a dita renda a os que recadaren os aniversarios por la dita iglesia de Lugo, enno dito praço, sub penna do doblo.

Testemoyas: don Fernan Aras, dayam; don Fernan de Deus, chantres; don Alvar Diaz, archidiago de Sarrea; don Pedro Ruys, archidiago de Deçon; don Pedro Iacome, juys; don Aras Pellaes, thesoreyro; et Johan Ferrnandes et Andres Peres et Vaasco Diaz, coengos; et Françisco Guillelmes et Pero Miguelles et Afonso Janeyro, coengos d’aniverssario.

Et eu Johan Gonçalves, raçoeyro et notario publico de Lugo por autoridade do bispo desse lugar, a esto que dito he con as testemoyas que ditas son, presente fuy, et a pedimento dos ditos dayam et cabidoo este instromento en este livro en minna presença fiz escrivir en que puge meu nome et meu sinal en testemoyo de verdade.