GMH/ÍNDICE A-Z

362
1337, xullo, 25. Lugo
Xuramento feito por Mestre Xoán, físico, perante notario e testemuñas, de servir o deán e todos os do Cabido e os seus familiares cos seus coñecementos e medicinas.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 11r.

Era de mill et treçentos et setaenta et çinquo annos, viinte et çinco dias de jullio.

En presença de min Ruy Fernandes, notario publico de Lugo, et das testemoyas subscriptas, Maestre Johan, fisico, que agora mora na villa de Lugo, disso et prometeu a a boa fe cun iuramento que feço ennos santos avangeos, que corporalmente tangeu con suas maos, en presença de min notario et das testemoyas adeante scriptas, que el servisse ben et verdadeyramente de sua fisica en quanto el soubese et podesse a os dayan et a todos los homes boos do cabidoo da iglesia de Lugo et a cada huun de seus familiares en toda sua vida cada que cunplisse et fosse chamado aqui na villa de Lugo et enno bispado; et se alguuns ouvesen mester miiçinas das que el tovesse ou podesse aver que el que las desse verdadeyramente assy commo custassen alli hu el enviasse por ellas. Et se por ventura este Mestres Johan morresse [...] que sobredito he, ou fosse morar a outra parte, sen liçençia do dayam et cabidoo da iglesia de Lugo, que o prestamo que os do cabidoo lle davan de çento et çinquaenta moravedis cada anno por en sua vida pe-llo seu couto de Ventossella, que [feseran] carta por que lle deran, et sen enbargo del et de sua vos, que posan del ordenar commo for sua voontade. Et da qual cousa o sobredito Mestre Johan rogou a min Roy Fernandes, notario sobredito, que feçese ende este publico instrumento et o posese no livro do sobredito cabidoo.

Que foy feyto era et dias sobreditos ennas casas de don Alvar Dias, arçidiago de Sarrea.

Testemoyas que foron pressentes: don Fernan de Deus, chantres de Lugo; don Alvar Dias, archidiago de Sarria; don Pedro Roys, arçidiago de Deçon; don Aras Pellaes, thesoreyro; don Pedro Iacome, juys; Vaasco Dias et Johan Ferrnandes, coengos de Lugo.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo sobredito dado por la auctoridade do bispo dese miismo lugar, a esto commo dito he presente foy et vi commo o dito iuramento feço o sobredito Mestre Johan, corporalmente taniudos con suas maos, et esta carta a rogo do dito Mestre Johan fis escrivir et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.