GMH/ÍNDICE A-Z

370
1338, setembro, 18. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlles a Pedro Pérez e á súa muller e a toda a súa voz unha casa na Porta Nova por 40 soldos anuais, e deben, ademais, construíla máis adiante e pagar a soldariza (renda en moeda).
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 18r.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos Fernan Aras, dayam, et o cabidoo da iglesia de Lugo, seendo iuntados en cabidoo enna casa do thesouro da dita iglesia por canpaa taniuda segundo que he husso et custume de façermos cabidoo, con outorgamento de dom Aras Pellaes, thesoreyro dessa iglesia, et d’Affonso Eanes, raçoeyro, procuradores dos aniversarios da dita iglesia de Lugo, damos et aforamos a vos, Pedro Peres, dito Ferreiro, morador a a Porta Nova, et a vosa muller Mayor Peres, para vos et para toda vossa voz para senpre por iur de herdade, huna nossa casa con seu seydo que he a a Porta Nova, sub signo da cappella de San Marcho de Lugo, que iaz da [huna] parte cabo a casa que foy de Marina Domingues, et da outra parte outra casa que foy de Pedro Amores et de Maria Domingues, sua muller, con o dito seydo asi commo topa na parede da cortina de fora et commo fere na rua que vay para a Porta Nova; et con todas suas dereyturas et pertenenças, entradas et seydas, iures et agoas vertes. A qual casa con seu seydo vos damos et afforamos en esta maneyra, conven a saber que avedes a façer a dita casa mays adeante que o que ora esta feyta contra a cortina de çima, por vosa custa vos et vossa voz, et manteer toda a dita casa en boo estado et refaçe-lla et para-la ven; et avedes a dar cada anno en salvo, vos et vosa voz, por foro et en reconoçemento a os aniversarios da dita iglesia de Lugo, ou aquel que por elles ouver de reçeber, quaraenta soldos d’esta moneda del rey dom Affonso, que façen quatro dineiros novees tres soldos, ou a vallia destes quaraenta soldos se a dita moeda requeçer ou mingoar, os viinte soldos cada anno por Natal, et os outros viinte soldos por San Iohan Bautista, en salvo sen custa do dito cabidoo et aniversarios; et pagardes por vosa custa a soldariça da dita casa cada anno; et manteer et refaser a dita casa vos et vosa voz por vosa custa, et dar os ditos dineiros. Et se vos ou vosa voz non quiserdes pagar os ditos quaraenta soldos, como dito he, que a dita casa con todos los boos paramentos que y foren feytos se torne a os aniversarios et iglesia de Lugo, et que vos et vosa voz seiades et fiquedes teudos para a teer senpre en pe, segudo commo ora esta feyta, et mellor commo ha feçerdes a dita casa endeante enna dita cortina que esta por fazer. Et outrosi que possades fazer da dita casa asi commo de vosa herdade propria a pessoa semellavelle de vos, et non a outro nihun, et que pague ben os ditos dineiros a os aniversarios da iglesia de Lugo, ou a aquel que os ouver de reçeber por elles. Et se vos, Pedro Peres et Mayor Peres, ou vosa voz, ouverdes de façer algun contraucto d’aleaçon da dita casa, que o façades con outorgamento do dayam et cabidoo da dita iglesia de Lugo.

Et nos, Pedro Peres et Mayor Peres, que estamos pressentes, assi reçebemos de vos, dayam et cabidoo sobredito, por nos et por nosa voz, a dita casa et foro della, con las condiçoes sobreditas, et obligamos nos et todos nossos bees, movelles et reys, gaanados et por gaanar, por nos et por nossa voz, para conprir estas coussas que ditas son et para pagar os ditos quaraenta soldos et soldariça. Et por que esto seia çerto et non vena en dulta nos, os sobreditos dayam et cabidoo et Pedro Peres et Mayor Peres, rogamos a Roy Fernandes, notario publico de Lugo, que feçesse desto duas cartas en hun tenor tal huna commo outra, huna que possese enno livro do cabidoo et outra que desse a nos Pedro Peres et Mayor Peres.

Que foy feyta en Lugo enna casa do dito thesouro XVIIIº dias de setenbro, era de mill et CCC LXXª et seys annos.

Testemoyas que foron pressentes: don Fernan Aras, dayam, dom Fernan de Deus, chantres de Lugo; dom Alvar Diaz, archidiago de Sarrea; dom Pedro Iacome, iuyz de Lugo; dom Aras Pellaes, thesoreyro; Affonso Gomes, Iohan Ferrnandes, Vaasco Dias, Vaasco Rodrigues, Fernan Affonso, coengos de Lugo; Affonso Eanes et Iohan Guterres, raçoeyros de Lugo; Fernan Eanes, clerigo do meestrescolla, don Gonçalvo Garçia. Testemoyas: Pedro Fernandes et Pedro Migueles et Iohan Peres et Iacome Afonso, coengos d’aniversario; Rodrigo Eanes, clerigo do coro ts., et outros.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo sobredito dado por auctoridade do bispo desse miismo lugar, a esto commo dito he con las testemoyas sobreditas chamado et rogado presente foy, et a rogo das partes sobreditas esta carta en este livro do cabidoo en mina presença fiz escrivir et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.