GMH/ÍNDICE A-Z

383
1339, xuño, 19. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Xoán Fernández e á súa muller e a unha voz un alpendre próximo á igrexa de San Pedro por renda anual de oito soldos o día de San Pedro.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 22v.

In Dei nomine amen. Sabeam quantos esta carta viren commo nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en cabidoo enno choro desa iglesia de Lugo, segundo que o avemos de uso et de custume, con outorgamento de don Alvar Diaz, archidiago de Sarrea, et procurador de Vaasco Diaz, coengo de Lugo et prestameyro do prestamo de San Pedro, que he çerca a villa de Lugo cabo a Porta de San Pedro, et con outorgamento de don Pedro Jacome, juys de Lugo, vigario de don Fernan Aras, dayam desa iglesia, avervamos et aforamos a vos, Johan Fernandes, ferreiro, fillo de Fernan Martines, ferreiro, que foy, et a vosa muller Orraca Peres, por en todos vosos dias d’anbos et dous et de huna pesoa semellavele de vos qual o pustrimeyro de vos nomear en vida oua tenpo de voso finamento, hun alpendere con seu terreo, que iaz cabo a dita iglesia de San Pedro a par d’ella, asy commo se começa no esteo da pedra marmore en dereyto a porta desta iglesia de San Pedro et ven ferir na cabeça desta iglesia no lenço da parede en dereyto os castineyros que estan chantados cabo o camino en dereyto a casa de Domingo Niellia; en esta maneira conven a saber que avedes a parar ben o dito alpendere et faser parede entre los esteos de cabo a dita porta da dita iglesia et facer porta contra a cabeça da dita iglesia enno dito alpendere. Et avedes nos a dar cada anno en renda, en paz et e salvo enna villa de Lugo, en dia de San Pedro, por lo dito alpendere, oyto soldos de esta moeda del rey don Afonso, que façen quatro dineiros novees tres soldos, ou a vallia delles se a dita moeda creçer ou mingoar, et pagar cada anno estes oyto soldos, as tres quartas delles a o que tever o prestamo da dita iglesia de San Pedro, et a quarta a os aniversarios da iglesia de Lugo. Et prometemos de vos non coller este alpendere enno tenpo sobredito. Et a tenpo de finamento de vos et d’aquella pesoa que for nomeada deve a ficar o dito alpendere a o que tever o prestamo de San Pedro et a os aniversarios da iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que y foren feitos.

Et eu, Johan Fernandes sobredito, que estou presente asy reçebo de vos o dito cabidoo con outorgamento dos sobreditos don Alvar Diaz, archidiago et procurador do sobredito Vaasco Diaz, et do sobredito vigario do dayam, o vervo et foro do sobredito alpendere et terreo del, por min et por la dita mina muller et por aquella pesoa que for nomeada, et obligo min et todos meus bees para vos pagar cada anno a o dito praço os ditos oyto soldos eu et a dita mina muller et pesoa sobredita. Et por que esto seia çerto nos as sobreditas partes rogamos a Roy Fernandes, notario publico de Lugo, que feçese desto duas cartas en hun tenor tal huna commo outra.

Que foron feytas en Lugo, dez et nove dias de iunyo era de mill et CCC LXXta et sete annos.

Testemoyas que foron presentes: don Fernan de Deus, chantres de Lugo; don Aras Pellaes, thesoreyro; Andres Peres, Johan Fernandes et Fernan Afonso, coengos; Affonso Eanes, Johan Fernandes, Johan Gutierres, raçoeyros de Lugo; Pedro Fernandes et Fernan Eanes et Lopo Domingues et Afonso Eanes et Rodrigo Eanes, clerigos do coro de Lugo; Fernan Domingues et Jacome Peres, omes de Fernan Affonso, coengo ts., et outros.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo dado por auctoridade do bispo desse miismo lugar, a esto commo dito he presente foy et a rogo das partes sobreditas esta carta en mina presença fiz escrivir en este livro do cabidoo et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.