GMH/ÍNDICE A-Z

388
1339, setembro, 5. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlles a Fernando Pérez e á súa muller e a unha voz a herdade de Santa María de Lugo, nas freguesías de San Xillao de Bocamaos e San Pedro de Taboi, por renda anual de seis oitavas de pan.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 23v.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos Fernan Aras, dayam, et o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en cabidoo enno choro da dita iglesia, segundo que avemos de uso et de custume de façer cabidoo, avervamos et afforamos a vos, Fernan Peres de Castrillon et a vosa muller Orraca Diaz, por en todos vosos dias d’anbos et dous et de huna pesoa semellavele de vos qual o pustrimeyro de vos nomear en vida ou a tenpo de voso finamento, toda a herdade chamada de Santa Maria de Lugo que a iglesia de Lugo et aniversarios della han et aver deven et lles perteeçe sub signos de San Jullao de Bocamaos et de San Pedro de Tavoe, con todas suas dereyturas et pertenenças, a monte et a fonte, per hu quer que vaa sub os ditos signos; en esta maneira conven a saber que avedes a lavrar et parar ben a dita herdade, et avedes nos a dar della cada anno en renda seys oytavas de pan, as duas partes de tenporao et a terça de serodeo, por dia de San Migeel de setenbre, en paz et a salvo de toda cousa, do mellor pan que ouver ena dita herdade posta a semente, et este pan avedes a pagar a nos, ou a os que teveren os aniversarios da iglesia de Lugo, enno lugar hu a dita herdade he, medido pella teega dese lugar commo se acustuma de pagar o pan desta herdade, et sacar a dita herdade onde iouver mal parada a todo voso poder. Et quando vagar este vervo de vos que aquella pesoa que for nomeada a que fique a dita herdade que a vena reçeber da iglesia de Lugo et ata que a non veer reçeber que non seia teudo de husar da dita herdade; et que non seiades teudos de vender, nen arrendar, nen supinorar, nen allear o vervo da dita herdade a nehun se non a pesoa semellavele de vos que nos pague ben a dita renda. Et a tenpo de finamento de vos anbos et d’aquella pesoa que for nomeada que fique a dita herdade livre et desenbargada a a dita iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que y foren feitos.

Et eu, Fernan Peres sobredito, asy reçebo de vos, dayam et cabidoo, por min et por la dita mina muller Orraca Dias et pesoa que for nomeada, o vervo et foro da dita herdade, et obligo meus bees para vos pagar cada anno as ditas seys oytavas de pan commo dito he et conprir as cousas sobreditas por min et por la dita mina muller et pessoa que for nomeada. Et por que esto seia çerto nos as ditas partes rogamos a Roy Fernandes, notario publico de Lugo, que feçese desto duas cartas en hun tenor tal huna commo outra, huna que dese a os ditos Fernan Peres et Orraca Diaz signada de seu signal et seellada de seello de nos o dito cabidoo, et outra que posese enno livro do cabidoo.

Que foron feytas en Lugo enno choro da dita iglesia, çinquo dias de setenbre, era de mill et treçentos et seteenta et sete annos.

Testemoyas que foron presentes: don Alvar Dias, archidiago de Sarrea; don Pedro Jacome, juyz; don Aras Pellaes, thesoreyro; Vaasco Diaç, Fernan Affonso, Affonso Gomes, coengos de Lugo; Affonso Eanes, Johan Fernandes, raçoeyros; Affonso Peres Janeyro et Fernan Eanes, Pedro Miguelles, Johan Peres, Lopo Domingues, Roy Gomes, clerigos do choro de Lugo; Johan Eanes, tangedor dos sinos; Affonso Gomes et Roy Dias ts., et outros.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo dado por auctoridade do bispo dese miismo lugar, a esto commo dito he presente foy et a rogo das partes sobreditas esta carta en este livro do cabidoo en mina presença fiz escrivir et puge e ella meu signal en testemoyo de verdade.