GMH/ÍNDICE A-Z

391
1339, novembro, 1. Lugo
O bispo e o Cabido de Lugo chegan a un acordo definitivo con Vasco e Fernán Gómez no preito que mantiñan sobre os décimos e froitos da igrexa de Santa María de Castelo de Asma.

MADRID, AHN, Carp. 1332 E/8, perg. orix., carta partida por a.b.c, galego, gótica cursiva, 310x224 mm; atado 733; Tumbo Nuevo, fol. 230r e v. PIÑEIRO: Memorias, t. III, fol. 780-781.

Ed., VÁZQUEZ SACO: «Iglesias...», Papeleta 70, BCML, 1946, II, 19, pp. 215-217.

RISCO: ES, t. XLI.

In Dei nomine amen. Sabeam quantos esta carta virem commo nos don Iohan, por la gracia de Deus et da Santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, con outorgamento do dayam et cabidoo da nossa iglesia de Lugo, da huna parte, et nos Vaasco Gomes et Fernan Gomes de Castello d’Asma, que estamos presentes por nos et por Martin Gil, et por toda nosa vos porque obligamos a façer outorgar todas estas cousas que se en esta carta conteen, da outra parte, façemos entre nos tal composiçon et inovaçon sobrela iglesia de Santa Maria de Castello d’Asma, et sobre los diçimos et froytos della, sobre que entre nos era contenda que nos, o dito sennor obispo, diçiamos que nos perteeçia et era nossa de dereyto. Et nos, os sobreditos Vaasco Gomes et Fernan Gomes, diçendo que vos non perteeçia mays que perteeçia a nos et a o dito Martin Gil et a nosa vos por que somos padroes verdadeyros della et he nosa pra a teer et usar della segundo que a ata aqui tevemos. Nos as ditas partes aveemosnos en esta maneria: conven a saber que nos, Vaasco Gomes et Fernan Gomes, por nos et por Martin Gil et por toda nosa vos por partir iuyço et escandalo d’entre nos et vos, o dito sennor obispo, damos et outorgamos a vos, o dito sennor obispo, pra vos et pra vossos sucçessores por aquel dereyto que avedes na dita iglesia de Santa Maria de Castello, que aiades pra senpre cada anno por la dita iglesia de Santa Maria de Castello et froytos dela viinte moyos de pan, as duas partes de çenteo et a terça de serodeo, do mellor pan que ouver na dita iglesia medidas per la teega dereyta desa terra por a que conpran et venden, et todas las outras dereyturas et froytos et diçimos et padroadigo et dereyto que a dita iglesia perteeçen et perteeçer deven de dereyto que o aiamos nos et toda nosa vos sen enbargo de vos, o dito sennor obispo, et cabidoo, segundo que a mellor et mays conpridamente ouvemos et pessuymos ata aqui. Et nos avemos a dar hun clerigo, capellan perpetuo, ydoneo por nos na dita iglesia con sete moyos de pan et con toda a offerta manual, que diga y missa et as horas, et serva a dita iglesia dos offiçios divinaes et este y residente por estes sete moyos de pan et offerta manual que o aia pra senpre. Et que presentemos ante vos et ante vosos sucçessores aquel capellan que quisermos que tenna a dita capellania, et vos que lla dedes a a nosa presentaçon et o façades della capellan perpetuo. Et nos, os sobreditos Vaasco Gomes et Fernan Gomes por nos et por Martin Gil et por toda nosa vos, obligamos nos et todos nossos bees, movelles et rays, gaanados et por gaanar, et os bees et froytos da dita iglesia, et espeçialmente os nossos casares et herdades da Pousa et da Soureyra et de Cova, et o casal d’Eder, et dous casares en San Thome de Carvalo, que son enna dita friigregia, pra pagarmos cada anno a vos, o dito sennor obispo, et a vosos sucçessores os ditos viinte moyos de pan des Santa Maria d’agosto ata San Migeel de setenbre dentro enna dita iglesia de Castelo, et darmos o dito capellam commo dito he. Et se falleçermos nos ou nossa vos de vos pagar os sobreditos viite moyos de pan por dous annos segundo o dereyto manda, que cayamos do dereyto et o perçamos que avemos et nos perteeçe d’aver na dita iglesia de Castelo de los ditos dous annos endeante.

Et nos, o dito sennor obispo, con outorgamento dos sobreditos dayam et cabidoo, outorgamos esta composiçon et inovaçon que vos, os sobreditos Vaasco Gomes et Fernan Gomes por vos et por lo sobredito Martin Gil et por vosa vos, con nos façedes sobre la dita iglesia et froytos della et partimos nos de todo aquel dereyto que en ella avemos et nos perteeçe, salvo dos viinte moyos de pan que nos avedes a dar commo dito he, et a presentaçon da capellania de que avemos a façer collaçon a aquel clerigo que vos presentardes. Et de mays nos as ditas partes outorgamos esta conposiçon et inovaçon et avenença que entre nos façemos sobrela dita iglesia et froytos della por nos et por nossos sucçessores, et prometemos a a boa fe de non viir contra esto que dito he en nehuna maneira. Et por que esto seia çerto et non venna en dulta os as sobreditas partes rogamos et mandamos a Ruy Ferrnandes, notario publico de Lugo, que feçese desto duas cartas en hun tenor tal huna commo outra partidas por A.B.C. et que posese en cada huna dellas seu signal. Et por mayor firmidoe nos, obispo et cabidoo, seellamos-las de nosos seellos pendentes.

Que foron feytas en Lugo ennas casas do dito sennor obispo, primeyro dia de novenbre, era de mill et treçentos et seteenta et sete annos.

Testemoyas que foron presentes: don Fernan Aras, dayam; dom Alvar Dias, arçidiago de Sarria; Andres Peres, Pedro Aras, Vaasco Dias, Vaasco Rodrigues, Fernan Affonso et Iohan Dias, coengos de Lugo; Rodrigo Aras, abbade de Couro; Iohan Migueles, clerigo de Villa Chaa de Chamoso; Fernan Roys, escudeiro do dito sennor obispo; Diego Alvares de Boveda, yrmao do sobredito arçidiago; Lopo Garçia, escrivan do sobredito sennor bispo ts., et outros moytos.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo sobredito dado por auctoridade do bispo desse miismo lugar, a esto commo dito he con as ditas testemoias sobreditas chamado et rogado presente foy et a rogo et por mandado do sobredito sennor bispo et Vaasco Gomes et Fernan Gomes sobreditos escrivi desto duas cartas en hun tenor tal huna commo outra partidas por A.B.C. et en cada huna dellas puge meu nome et meu signal en testemoyo de verdade. (+).