GMH/ÍNDICE A-Z

407
1340, xullo, 7. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo arréndanlle, durante oito anos, ao clérigo Fernando Vázquez os aniversarios por oito marabedís diarios e indican como se deben distribuír.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 33r.

Eno nome de Deus amen. Sabeam quantos esta carta viren commo nos Fernan Aras, dayam, et o cabidoo da iglesia de Lugo, arrendamos a vos Fernan Vaasques, clerigo, moordomo do dito dayam, todos os anniversarios que a iglesia de Lugo ha, et os que se vagaren en este tenpo desta renda d’aqueles que ia son et foron mandados a a iglesia de Lugo, conven a saber deste Sant Iohan Baptista que agora passou ata oyto annos compridos segundo commo se sempre husaron en renda, conven a saber que aqueles casares que o dito Fernan Vaasques achar pobrados ou avervados en que aian de ficar pobro que el que os leyxe assy pobrados commo os achar et que non tome ende pobro, et se o ende tomar que o entregue ata aquel tenpo que se conprir esta renda, et quantos boos paramentos el feser assy nos casares commo nas outras cousas que perteesçen a os ditos aniversarios han de ficar a a dita iglesia de Lugo compridos estes oyto annos. Et o dito Fernan Vaasques ha de dar por esta renda sobredita oyto moravedis minos quarta, d’oyto soldos cada moravedi, desta moneda del rey don Affonso, et pagarnos de cada dia os ditos oyto moravedis minos quarta. Logo asignaron o dayam et os omes boos do cabidoo que se pagassen en esta guisa: conven a saber dez et seys soldos a os matiis, et XVI soldos a a prima, et quatorçe soldos a a terça, et XVI soldos a a vespera. Et esta paga faserdes-la sub pena de çinquo moravedis da dita moneda de cada dia. Et esta pena que se leve ante que o cabo. Et o cabidoo halle a coller en conta tomas et forças de rey et de infante et de ricome et do bispo et de merino segundo commo se senpre acustumou ennas outras rendas da iglesia de Lugo. Et este sobredito Fernan Vaasques ha de leyxar en boo estado et reparadas aquelas casas que agora estan feytas segudo commo agora estan, et a o de meos que non fiquen en peor estado do que ora estan, salvo se caeren de pe ou arderen. Outrossy ha de pagar as proçisoes et letanias et os dineiros de Natal, et os XX soldos da missa da luz, et a palla para o choro por tres festas do anno, et ha de dar por sua custa o dito Fernan Vaasques quen distribuya os dineiros a aqueles que mandar o [camaayro], et o cabidoo halle de dar as cartas que lle compriren para prol dos aniversarios cada hun na sua iurisdiçon sen chançellaria, et aiudarenno et chegarenlle dereito d’aquelles que o forçar quiseren en quanto elles poderen. Outrossy o cabidoo tira desta renda aquelas cousas que o cabidoo agora trage aiuntadas a sua mesa commo quer que esten scriptas no livro dos aniversarios, et tira ende a casa da rua Minaa que ten do cabidoo Ruy Fernandes, notario.

Outrossy se obispo non der escambeo por la casa do forno que ten que os desconten cada anno por ella XV moravedis.

Et eu, o sobredito Fernan Vaasques, que estou presente assy reçebo de vos, os sobreditos dayam et cabidoo, a dita renda, et obligo meus bees para pagar et comprir todo esto commo dito he. Et demays para vos pagar a dita renda et conprir et gardar todo esto como dito he douvos por fiadores a todos en senbra et a cada hun por lo todo a Vaasco Diaz et a Fernan Afonso, coengos de Lugo, et Iohan Fernandes do Canpo, razoeyro desa iglesia de Lugo, elles presentes et outorgantes seus bees a a dita fiadoria. Et se por la ventura cada hun destes fiadores mays veer que vos de outro fiador en lugar del para conprir et guardar todo o que sobredito he. Et por que esto seia çerto nos, os sobreditos dayam et cabidoo et Fernan Vaasques et fiadores sobreditos, rogamos a Ruy Fernandes, notario publico de Lugo, que feçesse desto duas cartas en hun tennor tal huna commo outra huna que desse a o dito cabidoo et outra a min Fernan Vaasques.

Que foron feytas enna casa do thesouro da dita iglesia seendo iuntados o dito dayam et cabidoo en cabidoo por campaa taniuda, sete dias de iullio, era de mill et CCC LXX VIIIº annos.

Testemoyas que foron presentes: Andres Peres, Iohan Fernandes, Pero Galvan, Iohan Diaz, Affoso Eanes, coengos; Pero Fernandes, Fernan Eanes, Affonso Eanes, Affonso Ianeiro, Johan de Lovea, coengos d’aniversario; Fernan Peres, notario de Lugo; Iohan Peres, seu irmao; Gomes, omme do dito dayam; Sancho Dias, irmao do dito Iohan Diaz; Domingo Eanes, ome do thesoreyro, ts.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo dado por auctoridade do bispo desse miismo lugar, a esto commo dito he con as testemoyas sobreditas chamado et rogado presente foy et a rogo das partes sobreditas esta carta en minna presença fiz escrivir et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.