GMH/ÍNDICE A-Z

426
1342, xuño, 3. Saa
Vasco Díaz, cóengo, concédelle a Xoán Fernández, racioneiro, a posesión de todo o pertencente ao deán en Saa, freguesía de San Xoán de Pena.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 36v.

Sub era de mill et treçentos et oytaenta annos, tres dias de iunyo.

Sabeam quantos esta carta viren commo en presença de min notario et das testemoyas subescriptas, estando na villa de Saa, que he ena fiigregia de Sayoane de Pena, Vaasco Dias, coengo de Lugo, procurador para esto do dito Fernando Areas, dayam de Lugo, meteu en posison et deu o iur de todo ho erdamento et voz que o dito dayam avya et lle perteesia aaver ena dita villa de Saa con suas pertenenças et dereyturas, a monte et a fonte, peru quer que fose sub signo de Sayoane de Pena a Iohan Fernandes, raçoeyro de Lugo, que o logo entrou et reçebeu para o cabidoo de Lugo cuio procurador he. O qual herdamento o dito dayan avya dado et outorgado a o dito cabidoo por senpre iamays por iur de herdade que lle feçesen cada anno a pus de sua morte hun aniversario et huna proçison por dia de Santa Oufemea, et mandou a Duran Peres, lavrador desta herdade, que recudese con ela a o dito cabidoo, et non recudise con ella a outro ningun, salvo ende do huso fruyto que avya de levar o dito dayan por en toda sua vida. O qual, Duran Peres, confesou et diso que tragia este herdamento sobredito por lo dito cabidoo de Lugo, et lle recudiria con el segundo que o dito Vaasco Dias mandava. Et de todo esto en commo pasou o dito Iohan Fernandes, raçoeyro procurador do dito cabidoo, rogou a min Fernando Peres, notario publico da çibdade de Lugo, que fezese ende este publico stromento.

Testemoyas que presentes foron: Iohan Fernandes; Rodrigo Eanes de Sayoan de Pena; Pero Garzea, ome de Lopo Diaz de Boveda; Duran Peres, lavrador, morador en Saa ts., et outros.

Et eu Fernando Peres, sobredito publico notario da çibdade de Lugo dado pella auctoridade do bispo dese lugar, a esto chamado et rogado presente fuy con as ditas testemoyas et este estromento escrivi et puge y meu nome et meu signal.