GMH/ÍNDICE A-Z

427
1342, xuño, 12. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlle a Fernando Fernández e a dúas voces o monte de Puio, que pertence ao casal de Ponte de Lor, por renda anual da terceira parte do viño, cuarta do pan, un marabedí e a obriga de plantar vide e construír unha casa.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 36v.

Sabeam quantos esta carta viren, commo nos Fernan Aras, dayam, et o cabidoo da iglesia de Lugo, con outorgamento de Fernan Vaasques, raçoeyro et procurador dos anniversarios da iglesia de Lugo, damos afforo et avervo a vos, Fernan Fernandes de Puriscallo et a duas pessoas a pus vos huna qual vos nomeardes en vida ou a tenpo de vosso finamento, et outra qual nomear aquela pessoa que vos nomeardes, et se por la ventura a vos non nomeardes que fique a aquel que herdar vossos beens, que seian pessoas semellaveles de vos. Conven a saber o monte de Puio, que he do cassal de Ponte de Lor, commo departe por lo baçelo do souto que he do dito cassal, et do outro cabo por la vinna que ora ten Pedro Eanes que iaz en Ribafeyta, et vay ferir do outro cabo de fondo no baçelo que chantou o abbade, que iaz sobre las avelayras de Puio, et d’outra testa fer no monte de Ribafeyta.

Outrosi vos damos un formal de cassa a a Ponte de Lor con a sesma do cassal da Ponte que ora esta por lavrar, o qual perteeçe a o cassal da Ponte. Outrossi vos damos o foro do Rigueyro que tevo Fernan Peres. Et este monte et foros sobreditos vos damos a a tal pleito et vervo que vos que britedes o dito monte de Piuo et o chantedes de vinna en aquelles lugares hu for para chantar en guissa que ata seys annos primeiros seia chantada toda, et a mayor parte dela avinada, et o lavredes et paredes ben con os foros sobreditos, et façades huna cassa eno dito formal, et dedes cada anno, vos et aquelas pesoas que eno dito vervo ficaren, a o que recadar os aniversarios da iglesia de Lugo, a terça parte do vino et a quarta do pan que Deus y der, o pan ena eyra et o vinno a a bica do lagar; et por orto et por fruyta et por las outras coussas que dedes cada anno, por dia de San Miguel de vindimias, hun moravedi. Et cada huna das pessoas que for nomeada en este vervo, commo dito he, que vena reçeber este vervo et afforamento quando o quiser entrar. Et se por la ventura vos ou aquelas pessoas que eno dito vervo foren nomeadas quisserdes vender ou eallear o dito vervo que seian primeyramente frontado o cabidoo de Lugo, et que o vendades ante a el et a a iglesia de Lugo ca a outren, por tanto commo outren der, sen maliçia. Et a morte da pustrimeyra pessoa que ficar no dito vervo que o monte et foros et vervo sobreditos fiquen livres et quitos a a iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que y foren feitos.

Et eu, o dito Fernan Fernandes por min et por las pessoas sobreditas, assy reçebo de vos, dayam et cabidoo sobreditos, o vervo et foro do dito monte et coussas sobreditas, et obligo todos meus bees por min et por ellas de conprir et pagar todo esto commo sobredito he. Et por que esto seia certo et non venna en dulta nos as partes sobreditas rogamos a Fernan Garçia, notario publico de Lugo, que fezesse ende esta carta.

Que foy feyta en Lugo doze dias de junyo, era de mill et trezentos et oyteenta annos.

Testemoyas que foron presentes: don Alvar Diaz, archidiago de Sarria; dom Pedro Jacome, juyz; don Aras Pellaes, thesoreyro; Vaasco Diaz, Fernan Affonso, Johan Diaz, Affonso Eanes, coengos; Johan Gutierres, raçionero; Gonçalvo Peres, Fernan Eanes, Johan Peres et Aras Peres, clerigos do coro de Lugo ts.

Et eu Fernan Garçia, notario sobredito dado por autoridade do bispo de Lugo, a esto commo sobredito he pressente fuy et a rogo das partes sobreditas esta carta scripvi en este livro do cabidoo et puge y meu signal en testemoyo de verdade.