GMH/ÍNDICE A-Z

433
1342, agosto, 31 sábado. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo arréndanlle ao cóengo Vasco Díaz os froitos, rendas e dereitos de San Pedro de Farnadeiros por 200 marabedís anuais.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 39v.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos Diego Fernades, dayan, et o cabidoo da iglesia de Lugo, seendo iuntados en cabidoo por canpaa taniuda segundo que o avemos de huso et de custume, arrendamos a vos Vaasco Dias, coengo da dita iglesia, todo-los fruytos et rendas et dereituras et das duas partes da iglesia de Sant Pedro de Farnadeiros, que he da nosa messa, segundo que as tinna et possuya don Fernando Aras, dayan que foy da dita iglesia, por en todos vosos dias, por tal condiçon que nos dedes cada anno en renda dusentos moravedis desta moneda del rey don Affonso, a oyto soldos o moravedi, et que nos los paguedes por los terços do anno segundo que se pagan as rendas das amiistraçoes da dita iglesia de Lugo. Et eu o dito Vasco Dias, coengo, assy reçebo a dita renda segundo dito he. Et demays para o assy conplir douvos por fiador a Vasco Pees, coengo de Lugo, el presente et outorgante-se por fiador. Et por que esto seia çerto et non venna en dulta nos, dayan et cabidoo et Vasco Dias sobreditos, rogamos a Iohan Gonçales, coengo et notario publico de Lugo, que fesese ende esta carta.

Que foy feyta sabado pustrimeyro dia do mes d’agosto, era de mill et CCC LXXXª annos.

Testemoyas que foron presentes: don Fernan de Deus, chantres; don Alvar Diaz, archidiago de Neyra; don Aras Pellaes, archidiago de Deçon; don Pedro Aras, mestrescola de Lugo; don Pedro Iacome, iuyz; don Affonso Gomes, thesoreyro; Andres Peres et Fernan Affonso, Vasco Rodrigues, Iohan Diaz, coengos da dita iglesia de Lugo.