GMH/ÍNDICE A-Z

441
1342, outubro, 27. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Fernando Eanes, a Pedro Rodríguez e ás súas esposas e a dúas voces un pallar próximo á igrexa lucense de San Pedro, por renda anual de 20 soldos e a obriga de construír unha casa
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 41r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos o cabidoo da iglesia de Lugo, seendo iuntados en cabidoo eno thessouro desa iglesia segundo que avemos de husso et de custume, con outorgamento de Vasco Dias, coengo de Lugo, teente o prestamo de San Pedro que he çerca da villa de Lugo cabo a Porta de San Pedro, avervamos et afforamos a vos, Ferna Eanes dito [Domenico] ferreiro, et a vossa muller Maria Peres, et a vos Pedro Rodrigues, lavrador, et a vosa muller Tareyia Peres, por en todos vossos dias et de duas pessoas semellaveles de vos, huna qual nomear o pustrimeyro de vos Fernan Eanes et vosa muller Maria Peres, et outra qual nomear o pustrimeyro de vos los ditos, Pedro Rodrigues et vossa muller Tareyia Peres, en vida ou a tenpo de voso finamento, o pallar que esta a par da dita iglesia de San Pedro, commo sen começa a o canto desa iglesia des contra a Madanella et ven ferir enna bobeda dessa iglesia que esta contra a porta, et ven ferir enna eyra de fillos et netos de Pedro Martines, lavrador que foy, et de seus hirmaos; en esta maneira, conven a saber que vos façades no dito lugar huna cassa de pedra cuberta de loussa, et dedes cada anno por foro et renda della, a o prestameyro de San Pedro, en pas et en salvo ena villa de Lugo viinte soldos, a quatro dineiros novees por cada tres soldos, desta moneda del rey don Affonso, et pagardes cada anno a meatade por dia de San Iohan Bautista, et a outra meatade por dia de Natal, segundo he husso et custume de se pagaren as rendas et alugueiros das outras cassas da villa de Lugo. Et a finamento de vos los sobreditos et d’aquellas duas pessoas que enno dito vervo foren nomeadas, commo dito he, a dita cassa deve ficar livre et quita a o prestameyro que tever o dito prestamo de San Pedro, et a iglesia de Lugo, con todos los boos paramentos que y foren feitos.

Et nos, los sobreditos Fernan Eanes et Pedro Rodrigues, que estamos pressentes por nos et por las ditas nossas mulleres et por las pessoas que enno dito vervo foren nomeadas, assy reçebemos de vos lo dito cabidoo con outorgamento do dito Vasco Dias, o dito vervo et foro do dito pallar et terreo del, et obligamos todos nossos beens, por nos et por ellas, para faser a dita casa enno dito lugar et pagar cada anno os dito viinte soldos segundo dito he. Et que esto seia çerto et non venna en dulta nos as ditas partes rogamos a Fernan Garçia, notario publico de Lugo, que fezese ende esta carta.

Que foy feita viinte et sete dias do mes d’outubro, era de mill et CCC LXXXta annos.

Testemoyas que foron presentes: don Alvar Dias, arçidiano de Neyra; don Aras Pellaes, arçidiago de Deçon; don Pedro Iacome, iuys de Lugo; don Afonso Eanes, thesoreyro; Andres Peres, Fernando Affoso, Vasco Rodrigues et Iohan Dias et Iohan Gomes, coengos de Lugo; Ruy Peres, porteyro do cabidoo.

Et eu Fernan Garçia, notario publico de Lugo sobredito dado por auctoridade do bispo dese lugar, a esto presente foy et a rogo das ditas partes esta carta en minna presença fiz scripvir en este livro do cabidoo et puge en ela meu sinal en testemoyo de verdade.