GMH/ÍNDICE A-Z

451
1343, xuño, 24. Lugo
O Cabido de Lugo arréndalle ao deán don Diego Fernández a administración de setembro por 1200 marabedís anuais, 120 marabedís de sobreposta e as obrigas establecidas no Estatuto Novo.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 43r.

In Dei nomine amen. Era de mill et tresentos et oyteenta et hun annos, viinte et quatro dias de iunyo.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo iuntados en cabidoo per canpaa taniuda segundo que o avemos de husso et de custume, arrendamos a nossa amiistraçon do mes de setembro, que he no couto de Lugo, a dom Diego Ferrnandes, dayam da dita iglesia de Lugo, con todas suas dereyturas et pertenenças quantas a nos perteesçen et perteesçer deven de dereyto en qualquer maneyra por en todos vosos dias. Et avedes-nos a dar cada anno mill et duzentos moravedis desta moneda del rey don Affonso, a oyto soldos o moravedi, ennos terços de cada kalendas, segundo que pagaren os outros amiistradores os seus terços; et demays nos avedes a proveer o dito mes de pan et do vinno, conven a saber: quatro panes et hun quartillon de vinno a o coengo, et dous panes et meo quartillon de vinno a o raçoeyro, segundo he ordinado enno estatuto novo; et çento et viinte moravedis da sobreposta, et o vinno de San Martino. Et non nos avedes a dar desconto se non for toma de rey, ou de inffante, ou de ricome que tenna o condado, ou de merino mayor del rey.

Et eu o dito assy reçebo a dita renda de vos o cabidoo sobredito, et obligo min et todos meus beens para comprir esto que dito he, et para o assy comprir enna maneyra que sobredita he, dou-vos conmigo por fiadores Affonso Gomes, coengo de Lugo et Iohan Guterres, raçoeyro dese lugar, elles presentes et outorgantes-se a a dita fiadoria.

Et por que esto seia çerto et non posa viir en dulta nos, o cabidoo et dayan sobreditos, rogamos et mandamos a vos Fernan Peres, notario publico de Lugo, que fezesse ende scripvir esta carta et possese en ela seu nome et seu signal en testemoyo de verdade.

Testemoyas que a esto pressentes foron: don Alvar Diaz, arçidiago de Neyra; don Arias Pellaes, arçidiago de Deçon; don Pedro Iacome, iuys; don Affonso Eanes, thesoreyro; don Andres Peres, chantres d’Armentia, Vaasco Dias, Fernan Affonso, coengos de Lugo, Iohan Ferrnandes, raçoeyro ts., et outros moytos.

Et eu Fernando Peres, sobredito notario publico de Lugo dado pello dese lugar (sic), a esto presente foy et por rogo das partes sobreditas fis escrivir et puge y meu nome et meu signal.