GMH/ÍNDICE A-Z

453
1343, setembro, 15. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Xoán Afonso e á súa muller e a unha voz propiedades en Saa, freguesía de San Xoán de Pena, que pertenceran ao deán don Fernando Arias. Deberán pagar 100 soldos anuais como renda.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 43v.

Sabeam quantos esta carta virem, commo nos o cabidoo da iglesia de Lugo avervamos a vos, Iohan Affonso de Burgo Novo et a vossa muller, Maria Peres, por en todos vossos dias et a huna pessoa a pus vossa morte, qual nomear o pustrimeiro de vos en sua vida ou a tenpo do seu finamento, todo o herdamento et voz que o dayam, don Fernando Aras, que fuy, avia en Saa, sub signo de Sayoane de Penna, con todas suas pertenenças et dereyturas, cassas, arvores et formaes, a monte et a fonte, peru quer que vaam; o qual herdamento el comprou a Aras Peres, seu padre, et o qual se parte con outra herdade que fuy de Orraca Sanches, a qual o dito dayam mandou a a iglesia de Lugo. Et vos et aquella pessoa que y for nomeada avedes a lavrar, por vos ou por outren, o dito herdamento et manteer las casas del, se y estam ou as y feserdes, en boo estado. Et avedes a dar de renda a o dito cabidoo en salvo en Lugo, por vespera de Santa Oufemea, çent soldos desta moneda del rey don Affonso, a quatro dineyros novees por cada tres soldos. Et a finamento da pustrimeyra pessoa que enno dito vervo for nomeada, commo dito he, o dito herdamento deve ficar livre et quito a a iglesia de Lugo con todo los boos paramentos que y foren feitos.

Et nos, los ditos Johan Affonso et Maria Peres, assy reçebemos o dito herdamento de vos, lo dito cabidoo, et obligamos todos nosos beens, por nos et por la pessoa sobredita, de conprir todo esto que dito he. Et nos, lo dito cabidoo, obligamos nosos beens para vos faser o dito herdamento de pas a dereyto. Et que esto seia çerto nos las partes sobreditas rogamos a Fernando Garçia, notario publico de Lugo, que fesese desto duas cartas tal huna commo outra.

Que foron feitas en Lugo quinse dias de setenbro, era de mill et treçentos et oyteenta et hun annos.

Testemoyas que foron presentes: don Alvar Dias, arçidiago de Neyra; don Garçia Dias, arçidiago de Sarria; don Aras Pellaes, arçidiago de Deçon; don Pedro Iacome, iuys; don Affonso Eanes, thesoreyro de Lugo; Vasco Dias, Fernando Affonso, Vasco Rodrigues et Johan Gomes, coengos; Johan Fernandes et Johan Gutierres, raçoeyros de Lugo; Johan Amigo et Fernando Affonso, clerigos do coro; Romeu Fernandes, home do arçidiago de Neyra, et outros testemoyas.

Eu Fernando Garçia, notario publico de Lugo dado por autoridade do bispo desse lugar, a esto pressente foy et esta carta fige scripvir en este livro do cabidoo et puge y meu signal en testemoyo de verdade.