GMH/ÍNDICE A-Z

697
1369, febreiro, 26. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Afonso Eanes e á súa muller e a unha voz unha casa na rúa de Bermudo Sánchez pola que deben pagar anualmente, como renda, 100 soldos os primeiros beneficiarios e 15 marabedís a voz.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 80v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos Ruy Ferrnandes, dayam, et omes boos do cabiidoo da iglesia de Lugo, seendo iuntados en cabiidoo por campaa taniuda, segundo que o avemos de husso et de custume enno coro da dita iglesia cathedral, damos aforo et avervo a vos Afonso Eanes Coquin et a vossa muller, Dominga Rodrigues, en toda vosa vida de anbos et a huna pessoa qual o pustrimeyro de vos nomear, que seia fillo ou filla d’ambos, en vida ou a tempo de seu finamento, a nossa cassa que esta enna rua de Vermum Sanches a par da cassa en que mora Affonso Estevees Ourives, enna qual vos ora morades, a qual cassa vos, o dito Affonso Eanes, aviades de teer en vosa vida por Afonso Eanes, notario, vosso tio, que vos la leyxou et nomeou por pessoa en foro que de nos tina, a qual cassa vos damos a a tal condiçon que vos et a dita vossa muller et o dito voso fillo ou filla, en que ficar despoys de vos, moredes a dita casa et a mantenades en boo estado et a reparedes et aguissedes de aquello que le feçer mester. Et vos, o dito Afonso Eanes, que sarredes o sobrado con Afonso Estevees de taboa, et façades huna camara enna dita cassa hu mays viren que compre en estes primeyros tres annos, et a vista et a mandado de dous homes boos da dita iglesia quaes nos ala enviarmos que o veian; et avedes-nos a dar em foro por la dita cassa de cada anno por dia de Natal vos, o dito Afonso Eanes, et a dita vossa muller çent soldos, et a pustrimeyra perssoa que ficar despoys de vos quinse moravedis de cada anno; et se por ventura a dita Dominga Rodrigues ficar despois de vos, o dito Afonso Eanes, que nos de de cada anno quinse moravedis, segundo a pessoa; et a finamento da pustrimeyra perssoa a dita cassa ha de ficar livre et quita et desenbarguada et feyta en boo paramento a nos, o dito dayan, et cabiidoo et a nossa iglesia et con todos los boos paramentos que en ella foren feytos.

Et eu, o dito Affonso Eanes, que pressente estou asy reçebo de vos, o dito dayam, et cabiidoo a dita casa para min et para a dita minna muller et pessoa, et obligo min et meus bees et da dita minna muller et pessoa, movilles et rays, de o comprir en todo.

Et nos, o dito dayam, et cabiidoo asi vos-lo outorgamos et porque esto seia çerto nos, lo dayam, et cabiidoo et Affonso Eanes Coquin, sobreditos, rogamos a Ares Peres, raçoeyro, notario publico de Lugo, que feçesse desto duas cartas tal huna commo outra huna no livro do cabiidoo et outra a o dito Affonso Eanes Coquin signadas de seu signal. Feytas en Lugo, viinte et seys dias de febreyro, era de mill et quatroçentos et sete annos.

Testemoyas: o dito dayam; don Iohan Dias, chantres; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Sarrea; don Alvar Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Rodrigo Afonso, arçidiago de Triacastella; don Ruy Gomes, mestrescola; don Diego Gomes, thesoreyro; Thomas Gomes, Fernando Peres, Pedro Ares, coengos.

Et eu Aras Peres, raçoeyro, et notario publico de Lugo, dado por lo sennor obispo desse lugar, a esto presente fuy et a rogo das ditas partes esta carta en minna presença fis scrivir et puge y meu nome et signal en testemoyo de verdade.