GMH/ÍNDICE A-Z

175
1319, xaneiro, 15. Lugo
O Cabido de Lugo arréndalle a don Fernando Eanes, arcediago de Neira, a igrexa de Amandi por 1000 marabedís.
MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 58r; Libros, lib. 6289 con referencia ao Lib. D, fol. 58.

Era de mill CCC et cinquaenta et sete annos XV dias de janeyro. Sabeam quantos esta carta viren commo nos o cabidoo de Lugo seendo aiuntados enno coro de Lugo por campaa tanguda commo he de custume na eglesia desse lugar arrendamos a vos don Fernan Eanes, archidiacono de Neyra, deste San Iohan primeiro que ven da era desta carta por en todo vossa vida, a nossa eglesia d'Amande con todas suas pertenenças et dereyturas segundo commo se sol husar en renda, tyrado ende aquelo que y ha a amistraçon do mes de junyo. Et avedesnos a dar cada anno por esta renda mill morabitinos da moneda blanca del rey don Fernando, a oyto soldos cada moravedi, ou a valia deles en aquela moneda que correr, et pagardesnos estes moravedis sobreditos cada anno assy commo nos pagan as outras rendas que nos o cabidoo avemos sen outra contenda nehuna.

Et eu, o dito archidiacono, assy o outorgo et obligo por min et por todos meus beens a comprirlo commo sobredito he; et douvos por fiadores na renda sobredita: don Johan Bezerra, iuyz de Lugo, et Pedro Savaschez, coengo desse lugar, estes fiadores presentes et outorgantes. Et que esto seia çerto nos, o cabidoo et archidiago sobreditos, rogamos Affonso Perez, notario publico de Lugo, que fezesse ende esta carta.

Que foy feyta era et dia sobreditos

Presentes foron: don Martin Eanes, dayan de Lugo; don Fernan de Deus, chantre; don Johan Eanes, thesoreyro de Lugo, et outros muytos do cabidoo. Pedro Iacome, notario de Lugo; Affonso Perez, Iacome Eanes, clerigos do coro de Lugo. (+).

Eu Affonso Perez, notario sobredito, rogado presente fuy et a scrivi esta carta et puge y meu sinal. (+).