GMH/ÍNDICE A-Z

839
1381, agosto, 29. Lugo
O Cabido de Lugo arréndalle, por espazo de vinte e nove anos, a Lope Pérez, veciño de Vilafranca, todas as súas propiedades no Bierzo por renda anual de 400 marabedís o día de San Miguel.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 86v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos don Juan Afonso, dayan, et persoas et omes boos do cabidoo da iglesia de Santa Maria de Lugo seendo juntados en cabidoo por campaa tanjuda, segundo que avemos de uso et de custume, arrendamos a vos Lopo Peres de Castello, morador en Villa Franca, fillo de Lopo Peres, cavalleyro que foy, que presente estades todos quantos herdamentos nos avemos et aver devemos et nos perteesçen por rason da dita nosa iglesia, et que de nos tevo arrendado Gonçalvo Suares d’Arbollo et sua muller, Mecia Lopes, que foy, desla villa da Fava endeante et en Villa Franca et na Portella et en Val Tuylle de Suso et de Juso et en Peeyros et en Naraya et en Moyna Seca et en Vilalivre, et ennos outros lugares quaesquer en todo Beres, asy alende do Sil commo aquende del: vinnas et casares et herdades et foros et formaes et casas et adegas et praças et ortos et arbores et outros herdamentos quaesquer que a nos perteescan por rason deste dito arrendamento, deslo San Juan Babtista primeyro que verra do anno da era de mill et quatroçentos et viinte et tres annos endeante ata viinte et nove annos compridos primeyros seguentes. Et vos, o dito Lopo Peres, avedes a lavrar et parar ben os ditos herdamentos et vinnas et ortos et manteer las casas et adegas que estan feytas et repararlas do que lle feser mester, et tirar las vinnas et herdades et ortos de monte ut tiraren os outros que iouveren a par delles, et lavrarlas do que lles feser mester et manteerlas en bon paramento enno dito tempo, et avedes a dar de renda en cada hun anno por los ditos herdamentos et casas en pas et en salvo sen desconto algun enna villa de Lugo quatroçentos moravedis longos, d’oyto soldos o moravedi, desta moneda que usual que ora corre del rey don Juan, por dia de San Miguel de setembre, et se por la ventura pasaren dous annos hun de pus outro que nos non pagedes os ditos moravedis que a dita renda seia seia (sic) ningua et que nos, os ditos dayan et cabidôô, vos la posamos reçeber se quisermos, et estes ditos quatroçentos moravedis nos avedes a dar et pagar commo dito he sub penna das custas et dapnos et menoscabos que nos reçebermos con mingoa da dita paga et penna et interee de çinquo moravedis cada dia de quantos dias pasaren de cada hun dos ditos prasos endeante; et os ditos viinte et nove annos compridos avedes a leixar as ditas herdades et vinnas et casares et foros et ortos et arbores et casas et adegas livres et quitas et desembargadas et ben lavradas et as casas et adegas feytas et ben reparadas con todos los boos paramentos que en ellas foren feytos a nos et a nosa iglesia. Et eu, o dito Lopo Peres, que presente estou asi reçebo de vos, os ditos dayan et omes boos et cabidoo, a dita renda dos ditos herdamentos et casas et adegas por las ditas condiçoes de suso recontadas, et demays dou-vos para conmigo por fiador et devedor et prinçipal pagador por la dita renda dos ditos quatroçentos moravedis en cada hun anno a Rodrigo Eanes de Burela, despenseyro de don frey Pero Lopes, obispo de Lugo, que esta presente et outorgante a a dita fiadoria, et obriga si et seus beens a ella. Et eu, o dito Rodrigo Eanes, que presente estou asy outorgo a dita fiadoria et por mayor avondamento meto a min et a meus beens sub a jurdiçon eclisiastica da dita iglesia de Lugo, que me posan por ela costrenger et enprasar et apremear por sentença et sentenças quaes compriren por rason desta dita fiadoria, et renunçio a lee en que dis que deve seer ante chamado o prinçipal devedor ante que o fiador a qual he abtentica presente de dubous rex epistola d’Adriani, ennos quaes dereytos se conten outrosy que quando foren achados os beens do prinçipal devedor que os beens do fiador non seian molestados, os quaes dereytos renunçio seendo delles certificado.

Et eu, o dito Lopo Peres, obrigo min et meus beens movilles et rayses ut quer que me foren achados de quitar a pas et a salvo a o dito Rodrigo Eanes, meu fiador, a todo tempo da dita fiadoria et das custas et dapnos que sobresta rason reçeber a minna culpa, et para pagar a dita renda a o dito cabidoo sub penna das custas et dapnos et penna et interee en esta carta contiudos. Et demays por esta presente carta ponno a min et a todos meus bees ecclisiasticos et seglares sub a juridiçon ecclisiastica da dita iglesia de Lugo que me posan por ella demandar et constrenger et prendar et enprasar por carta de sentença et de sentenças quaes compriren de Santa iglesia en rason deste dito arrendamento que pague et compra o que sobredito he. Et por mayor avondamento juro a os santos avangeos, que tango corporalmente con minnas maos, que cumpra et pague todo o que sobredito he et que non vaa contra elo nen contra parte por min nen por outren en juyso nen fora del.

Et nos, os ditos dayan et omes boos et cabidoo, asy vos outorgamos a dita renda et por las ditas condiçoes et por esta presente carta vos damos poder que posades entrar et reçeber as ditas herdades et vinnas et casares et ortos et arbores et casas et adegas por vos ou por outren \por/ vos deslo dia de San Juan adeante, et avemos-vos de faser a dita renda de pas a dereyto enno dito tempo. Et eu, o dito Lopo Peres, asy o reçebo. En testemoyo desto nos las ditas partes rogamos et mandamos a Pero Afonso, notario publico de Lugo, que fesese desto duas cartas en hun tennor huna no livro do cabidoo et outra para o dito Lopo Peres seellada do seello do cabidoo.

Feyta XXte et nove dias d’agosto, era de mill et quatroçentos et des et nove annos.

Testemoyas que foron presentes: o dito don Johan Afonso, dayan; don Gonçalvo Eanes, chantre; don Alvar Dias, arçidiago d’Aveancos; don Pero Afonso, arçidiago de Deça; don Pero Ares, arçidiago de Neyra; don Aras Peres, arçidiago de Deçon; don Pero Ares, arçidiago de Triacastella; Tomas Gomes, juys; Diego Gomes, thesoreyro; Fernando Peres, Aras Ferrnandes, Afonso Ferrnandes, Roy Lopes, Diego Lopes, coengos; Afonso Eanes, Jacome Ferrnandes, Juan Garçia, Rodrigo Afonso, raçoeyros; Lopo Rodrigues, Ares Peres, Pero Lopes, capelaes; Lopo Peres, porteyro do dito cabidoo, et outros.

Et eu Pero Affonso, notario sobredito dado por la abtoridade do sennor obispo desse lugar, a todo esto que sobredito he con as ditas testemoyas foy presente, et a rogo et pedimento das ditas partes esta carta en mina presença fis escrivir et en ela puge meu signal en testemoyo de verdade que he tal.

Materias

adega; árbore; arcediago; arquivo; arrendamento; bispo; cabaleiro; cabido; campá; canon foral; capelán; casas; chantre; cóengo; deán; dereito romano; despenseiro; dignidades; emperador; escritura; esposa; esposo; estivada; evanxeos; familia; festa; fianza; fidalgo; fillo; horta; labores; libro do cabido; lingua; marabedí; medidas; mesa capitular; montes; muller; notario; obrigación; pai; pena; porteiro; racioneiro; rei; río; selo; soar; soldo; tesoureiro; viño; xuíz; xuramento; xurisdición; deán

Persoas

Afonso Eanes, racioneiro de Lugo; Afonso Fernández, cóengo de Lugo; Álvaro Díaz, arcediago de Abeancos; Ares Fernández, cóengo de Lugo; Ares Pérez, arcediago de Dozón; Ares Pérez, capelán; Diego Gómez, tesoureiro de Lugo; Diego López, cóengo de Lugo; Fernando Pérez, cóengo de Lugo; Gonzalo Eanes, chantre de Lugo; Gonzalo Suárez de Arbollo; Hadriano, emperador; Lopo Pérez de Castelo, fidalgo; Lopo Pérez, cabaleiro; Lopo Pérez, porteiro; Lopo Rodríguez, capelán; Mencía López; Pedro Afonso, notario; Pedro Ares de Parga, arcediago de Neira; Pedro Ares, arcediago de Triacastela; Pedro López de Aguiar, bispo de Lugo; Pedro López, capelán; Roi Afonso, arcediago de Deza; Roi Afonso, racioneiro de Lugo; Roi Eanes de Burela, escudeiro; Roi López, cóengo de Lugo; Tomé González, xuíz de Lugo; Xácome Fernández, racioneiro de Lugo; Xoán García, racioneiro de Lugo; Xoán I, rei de Castela; Xoán Afonso, deán de Lugo

Outros

Castela, reino; Terra do Bierzo; Lugo, cabido

Lugares

Abeancos, arcediagado; Arbollo; Bierzo, antiga xurisdición; Burela, Santa María; Camponaraia; Castelo; Deza, arcediagado; Dozón, arcediagado; Faba; Lugo; Molinaseca; Neira, antiga xurisdición e arcediagado; Pieros; Sil, río; Triacastela; Valtuille de Abaixo; Valtuille de Arriba; Vilafranca do Bierzo; Vilalibre da Xurisdición