GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

48

xaneiro, 17

Gonzalo Gutérrez, escudeiro, morador nas Lamas, afora a tres voces a Xoán Afonso e á súa muller Tereixa González, moradores na Caveanca de Beiro, o dito lugar, sito na freguesía de Santa Baia de Beiro, por cuarta de pan e 16 mrs. de dereitura por Nadal. (fol. 14v)

Feita e dada. Carta de Joan Afonso de Beiro, pagadas VIII brancas.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu, Gonçalvo Goterres escudeiro, morador enno lugar das Lamas, dou et outorgo aforo a vos Joan Afonso que sondes presente e a vosa moller Tareija Gonçalves que non he presente et moradores enno lugar da Cabeanca \de Beiro/ et a tres voses apus morte do postromeiro de vos anboos, asy que vos en vosa vida ou a tenpo de voso finamento etç. conben a saber que vos aforo meus lugares da Cabeanca \de Beiro/ que estan enna freigesia de Santa Baya de Beiro, os quaes ditos lugares vos aforo con todas suas casas e herdades e arvores et soutos e cortiñas e con todas suas entradas etç. por condiçon que labredes e paredes ben as herdades dos ditos lugares e reparedes as casas dos ditos lugares et manteñades todo en boon rebor en tal maneira como non desfalesca por mingoa de lavor e de boon paramento et façades vos e vosas voses a min e a miñas voses foro de quarta de todo o pan que deus der ennas herdades dos ditos lugares, a qual novidade colleredes por ollos de \meu/ mayordomo, ao qual proveeredes de comer e de beber comunalmente en quanto collerdes a dita novidade et daredes mays vos e as ditas vosas voses por dereytura de cada hun anno por o día de San Martiño Natal dez e seys mrs. de dños. brancos de dez dños. cada moravedi ou a estimaçon delles e do al de disemo a deus etç. et se quiserdes vender, deytar ou supinorar que primeiramente frontedes a min e as minas voses etç. et obrigo meus beens de voslos faser saaos et de pas etç. Et eu, o dito Joan Afonso, obrigo meus beens de faser o dito foro de quarta e de pagar de cada anno os ditos des e seys mrs. etç. Penna quinentos mrs. Tests. Joan Martines do Giestal et Alvaro da Nugeira sobriño do dito Gonçalvo Goterres, Afonso Yanes de Beiro. Feita dez e e sete dias do mes de janeiro, anno de XXXIIII. ( fol. 14v)