GMH/ÍNDICE A-Z

795
1379, abril, 18. Lugo
O bispo de Lugo outórgalles a Xoán Domínguez e á súa muller o usufruto dos casais de Recimil e Sobreira, en Santiago de Gundivós, mais o da Ponte, en Monforte, e recibe a cambio diversas propiedades nas freguesías de San Romao e San Salvador de Moreda entre outras, e reserva para si o usufruto mentres vivan. (Inclúe carta de poder: 1373-III-7, CD n.º 732).
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 37r.

Sabeam todos commo nos don frey Pedro Lopes da orden dos pregadores por la graçia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, por nos et en nome da nossa iglesia, da huna parte, et eu Iohan Domingues d’Ouselle por min et en nome de minna muller, Aldonça Rodrigues de Sober, et de Helinna Martines, que foron, da outra, por poder que dela aio por huna procuraçon feyta por Iohan Fernandes, notario dos Verosmos, da qual o tenor he este que se sigue:

Segue a continuación a carta de poder: 1373-III-7, (CD n.º 732).

da outra, fasemos entre nos tal emprasamento valedeyro para senpre conven a saber que nos, o dito obispo, damos a vos os ditos Iohan Domingues et Eldonça Rodrigues, vossa muler, para en toda vossa vida d’anbos o usofroyto et dereyturas que nos avemos et perteeçen a nos et a nosa iglesia ennos casares de Reçemil et da Soureyra, que son sub signo de Santiago de Gondiboos, et o casal da Ponte de Monforte con a renda dos ortos que ten a foro Afonso Lopes, os quaes son enno noso çeleyro de Monforte, a a tal condiçon que façades lavrar et parar ben as herdades dos ditos casares et morar as casas delles et manteerlas en bon estado et paramento a aqueles que as de nos et de nossa iglesia teen en foro, et ajades delles aquelas rendas et foros et dereyturas que a nos ouveren a dar, et vagando os foros que nos façades saber que ou quaes son aqueles que se vagaren para se poeren en elles outros foreyros con noso consello.

Et eu, o dito Iohan Domingues, por min et en nome da dita minna muller dou a vos, o dito sennor obispo, et a a dita vosa iglesia para senpre jamays por jur de herdade et por minna alma, todas las herdades et casas et vinnas et jures et dereyturas et arbores et formaes que a dita Eldonça Rodrigues, mina muller, ha et lle perteeçe d’aver en qual maneyra et por qualquer rason por parte dos ditos seus padre et madre et por avoengos et gaanças et herenças et subçessoes onde quer que lle perteescan agora ata este presente dia, et por compras que eu et ela fesemos sub signos de San Romao de Moreda et de San Salvador de Hospital de Moreda, et de San Martino de Panton, et de Santa Maria de Perendos, et de Santo Estevoo de Refoiro, et de Santa Maria de Ferreyra, et sub outros signos quaesquer que os ela et eu ajamos et nos perteescan d’aver de dereyto d’avoengo et de patrimonio et de compras et de gaanças en toda terra de Lemos, os quaes ditos herdamentos et casas et vinnas et dereyturas et beens eu et a dita minna muller avemos a teer en nossa vida et aver et levar o usofroyto delles con os dos outros casares que nos vos, o dito sennor obispo, dades, et darvos de renda et por connosçemento dos nosos casares et do al que nos dades et por esto que vos nos damos, hun sesteyro de pan cada anno en salvo et hun canado de vinno boo da [modorra]; et a finamento do postrimeyro de nos os ditos casares que nos vos, o dito sennor obispo, dades et as ditas herdades et casas et vinnas et arvores et formaes et jures et dereyturas [...] que vos ey dou, como dito he, an de ficar livres et quitos et desenbargados, et as herdades et vinnas ben lavradas, et as casas feytas et en bon paramento a vos, o dito sennor obispo, et a a dita vosa iglesia et con todos los outros boos paramentos que y foren feytos.

Et nos, o dito obispo, asy reçebemos os ditos herdamentos et vinnas et casas et arbores et formaes et jures et pertenenças et dereyturas que nos dades vos, o dito Iohan Domingues, para nos et para a dita nossa iglesia commo dito he.

Et eu, o dito Iohan Domingues, asy reçebo o dito enprasamento dos ditos casares para min et para a dita mina muller, et obligo min et meus bees et della, movilles et rayses, gaanados et por gaanar, de vos faser senpre de pas os ditos herdamentos et vinnas et casas et jures et pertenenças et dereyturas que vos dou enna maneyra que dita he. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos a Iohan Aras, notario, que fesesse ende esta carta.

Que foy feyta en Lugo, des et oyto dias d’abril, era de mill et quatroçentos et des et sete annos.

Testemoyas: Rodrigo Eanes de Burela; Aras Peres, juys; Gonçalvo Garçia, clerigo de Pedrouços, et outros.

Et eu Iohan Aras, notario publico de Lugo por autoridade do sennor obispo desse lugar, a esto fuy presente et por lo dito rogo escripvi esta carta et puge y meu signal en testemoyo de verdade.